Portada NOVAS de Lexislación Presentouse unha Proposta de Lei sobre Fiscalidade Ambiental
Presentouse unha Proposta de Lei sobre Fiscalidade Ambiental
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 22 Outubro 2009 09:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

lei

 

 

O pasado 21 de xullo, grupos ecoloxistas e políticos presentaron ante o Congreso dos Deputados en Madrid unha proposta de lei sobre Fiscalidade Ambiental.

 

Esta lei ten por obxecto introducir medidas de fiscalidade ambiental no ordenamento estatal. Pretende incluír reformas ambientais en tributos xa existentes e, por outro lado, crear novos tributos que graven certas prácticas ambientalmente prexudiciais. Perséguese gravar en maior medida as actividades máis contaminantes, eliminar beneficios fiscais ambientalmente inxustificables e bonificar as prácticas máis sostibles.


Este tipo de norma xa fóra presentada por gobernos como o de Suecia ou Reino Unido fai máis de 30 anos. Amigos da Terra di sobre a mesma que, aínda que a lei pretende a introducción de medidas reformistas como é o caso de novos impostos, o certo é que moitos deles carecen de fundamento ambiental.

 

Cómpre diferenciar o que sería pór na práctica unha norma tributaria ambientalmente sostible, co uso dos tributos e incentivos fiscais como ferramenta ao servizo de grupos políticos, xa que o fin dos tributos debe ser o de recaudar ingresos e non substituír as obrigas que se establecen na ampla normativa ambiental que existe na actualidade.

 

En Galicia, aprobouse a finais do ano pasado a Lei 15/2008, do 19 de decembro, do imposto sobre o dano medioambiental causado por determinados usos e aproveitamentos da auga encorada. Esta lei configura como principio básico do crecemento económico sostible, a conservación do medio ambiente e a utilización racional dos recursos naturais e, principalmente, lle afecta ás seguintes empresas privadas: Unión Fenosa, Endesa e Iberdrola as cales teñen recurrida a norma en base a discriminación que sinten por unha lei que especificamente lles repercute só a elas.

 

Consulta o texto aquí e deixa a túa opinión: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.