| Inminente publicación do Decreto sobre Equinos en Galicia |
| Escrito por Webmaster |
| Venres, 11 Xullo 2008 01:00 |
|
As denuncias sucédense dende o colectivo ecoloxista que, con posterioridade ao envío do escrito á Fiscalía de Pontevedra pola detección de cabalos con cepos e trancas de madeira, sucédense novos casos nos montes pontevedreses. Fonte: Amigos da Terra. Xuño 2008 ![]() Dende Amigos da Terra insístese na necesaria colaboración dos veciños quen poden acreditar a propiedade dos equipos e facilitarlle o nome ou outros datos ao Servizo de Protección da Natureza quen debe dar apertura á investigación tendente a clarificar quen é o autor material destes casos de maltrato animal e abrir expediente sancionador. ![]() En base a moitas das denuncias que sobre este tema tramitou Amigos da Terra, a Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha o dispositivo de tramitación de expedientes sancionadores, aínda que a contía da multa pola que se sanciona ao maltratador segue a ser unha contía tan feble que non cumpre a función disuasoria na maioría dos casos, polo que os donos maltratadores dos cabalos, volven reincidir. Polo tanto, a función educativa que a administración galega debe promocionar, non resulta efectiva. Será necesario un cambio de ferramentas didácticas que tendan á educación e concienciación da cidadanía respecto á erradicación do maltrato animal, aspecto ao que parece que as Consellerías non outorgan suficiente importancia. Neste senso, sinalar e resaltar que continua a falta de publicación da Lei de Protección de Animais para Galicia polo que a situación e protección legal dos animais no país, segue a xestionarse pola lei de 1993, norma que non reflicte a situación real de Galicia e non da cobertura á protección e defensa dos dereitos animais, tal e como se espera dun texto desta índole. |

Amigos da Terra




