Portada NOVAS de Lexislación GNSV envía queixa ao Valedor polo irregular proceso de elaboración do borrador da lei de montes
GNSV envía queixa ao Valedor polo irregular proceso de elaboración do borrador da lei de montes
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 22 Xuño 2011 08:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

FORESTAL

A rede de colectivos Galicia Non Se Vende (GNSV), integrada por diversas organizacións e federacións do todo o País entre as que se atopa Amigos da Terra, tramita unha queixa ante o Valedor do Pobo alertando do proceso de elaboración do borrador da lei de montes de Galicia pola administración galega.

Última hora: o Valedor admite a trámite a queixa de GNSV

 

O borrador da lei de montes de Galicia, que foi aprobado o pasado 9 de xuño polo Consello da Xunta sen que se abrira un proceso de participación pública real e activo dos sectores implicados e do público en xeral, comezou a ser remitido a diversas organizacións e á prensa sen que con carácter previo fose publicado oficialmente. Sen embargo, é o 17 de xuño cando a Consellería de Medio Rural publica o anuncio polo que se acorda someter a información pública o borrador do anteproxecto da lei de montes de Galicia de conformidade co artigo 16,1 da  lei 27/2006.

 

A Rede GNSV DENUNCIA que con este anuncio a Consellería tentou confundir á poboación no que é o proceso de exposición pública e o de participación pública, xa que no anuncio di literalmente que “se da apertura ao proceso de participación pública en base á lei 27/2006”, cando o que se está abrindo é o proceso de exposición pública. Lembramos-lle á Consellería que o proceso de exposición pública dun documento para presentar ao mesmo alegacións, é posterior ao verdadeiro proceso de participación pública activa e real. Ademáis, o prazo que da a Consellería para formular alegacións é de 20 días que tendo en conta a extensión deste borrador, non parece que se busque facilitar a participación, esqueceu a Consellería que no artigo 3,2  da mesma lei se fala do direito a acceder á información con antelación suficiente, ou que no artigo 16.1.b) di que se farán observacións "cando estean abertas todas as posibilidades ANTES de que se adopten decisións sobre o plan, programa ou disposición de carácter xeral". Dificilmente poderanse facer observacións previas cando se ven de recibir XA o borrador da lei.

 

DENUNCIAMOS que na elaboración do borrador da Lei de Montes de Galicia non se garantiu a participación pública dos axentes sociais representativos, aspecto fundamental na  política forestal e medioambiental da Unión Europea e en teoría da propia Xunta de Galicia. Xa no ano 2008,  o Consello Económico e Social de Galicia  ditaminou que a participación dos sectores afectados era un aspecto esencial no proceso de tramitación e na búsqueda do  consenso  tan necesario en normativas  con vocación de ampla duración temporal.

 

DEFENDEMOS que a participación pública constitúe un factor clave no sistema democrático, trátase de que a participación dos cidadáns na toma das decisións públicas que poidan afectar ao coxunto da sociedade sexa unha realidade, unha intervención efectiva e real e non un mero trámite ou técnica funcional do proecedemento. Desta maneira favorécese a responsabilidade e transparencia dos procesos decisorios e contribúese a toma de conciencia por parte dos cidadáns sobre os problemas que afectan a todos.

 

Por último, non desvotamos tramitar os escritos pertinentes para pór en coñecementos doutras administracións, como as europeas, cales son o tipo de procesos participativos que promove o goberno autnómico galego.

 

Podes consultar a queixa presentada ao Valedor do Pobo pola rede GNSV aquí QUEIXA__peticionparticipacionpb_LEIMONTE.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.