| Unha Lei de Caza de Menores |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Luns, 02 Xaneiro 2012 18:01 |
|
Amigos da Terra califica como "grave síntoma de enfermedade social e institucional" a pretensión de rebaixar a 14 anos a idade para obter unha licenza de caza.
Dende Amigos da Terra rexeitamos absolutamente as propostas para a modificación da Lei de Caza e manifesta a súa preocupación polas delirantes xustificacións con as que se intenta argumentar.
Amigos da Terra analiza as novas que se adiantan para a modificación da Lei de caza de Galicia, cunha primeira valoración sobre un dos aspectos máis chamativos da mesma: a pretensión de rebaixar a idade mínima para obter a licenza de caza que pasaría a ser ós 14 anos.
"Para a Xunta de Galicia, unhas persoas de 14 anos, ás que non se lle recoñece "sentidiño" suficiente para votar nunha eleccións, nin siquera para conducir un coche son en cambio o suficientemente "sensatas" para saír ao monte con armas... acaso esta sociedade está enferma?" preguntamosnos desde Amigos da Terra.
Sobre o resto das propostas para a nova Lei, como as "batidas preventivas" e o control de especies, Amigos da Terra considera que a Consellería de Medio Rural aposta por unha política cinexética modelo "far west" sustentada no principio de "disparar primeiro e investigar despois".
Para Amigos da Terra "un primeiro análise do que se empeza a facer público desa nova Lei de Caza non fai outra cousa que poñer en evidencia a punta do iceberg dunha política xeral sobre o medio natural rexida por criterios insostibles". |






Comentarios
un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.