| Amigos da Terra denuncia a falta de caudal ecolóxico no río Sil |
| Escrito por Montse Valencia |
| Venres, 10 Xullo 2009 08:30 |
![]() O río Sil baixa estes días, e por motivos que aínda se descoñecen, falto de caudal que asegure a pervivencia da flora e da fauna do mesmo. Estes feitos que foron denunciados por un particular a Amigos da Terra e complementados por fotografías, puxéronse en coñecemento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que investiguen as causas que motivaron a perda do caudal do río.
Á altura do encoro de Santo Estevo, nos Cañóns do Sil e onde se están a facer obras de aproveitamento hidroeléctrico por empresas privadas ás espensas das cuestionables autorizacións administrativas, baixa un pequeno caudal de augas grises que fan perigar dun modo alarmante a flora de ribeira e as especies faunísticas.
Fonte: denunciante. Xullo 2009
![]() O uso das obras hidráulicas orixina de por sí, unha regulación artificial de caudais que afecta profundamente á fauna reófila.
As obras hidráulicas son tan abundantes nesta zona dos Cañóns do Sil que a xestión dos recursos biolóxicos e hidrolóxicos deben enfrontarse con frecuencia á problemática que estas obras orixinan e en concreto, á cuantificación dos caudais circulantes mínimos capaces de mantér os ecosistemas dos tramos de río regulados.
![]() A crecente demando social dun medio ambiente máis limpo impuxo na planificación hidráulica a consideración de que nos canles regulados circulen, a lo menos, uns “caudais ecolóxicos” ou “caudais mínimos medioambientais”. As Confederacións Hidrográficas fixan o caudal ecolóxico en base a uns criterios meramente hidrolóxicos que nada tenñen que ven coa conservación do contorno do Sil. A Lei de Augas obriga á Confederación a fixar o caudal ecolóxico en todos os ríos e reflectilo nos Plans Hidrolóxicos, cousa que non sempre acontece e iso que a auga é un recurso cada vez máis escaso que debe xestionarse estritamente para a súa conservación, non so como recurso en si, senon como hábitat das diferentes especies.
![]() |








