| O concello de Ourense desestima as alegacións presentadas contra un estacionamento soterrado |
| Escrito por Montse Valencia |
| Xoves, 18 Febreiro 2010 10:12 |
|
A xunta ourensana acordou a aprobación definitiva do anteproxecto de construción e explotación dun estacionamento soterrado nas interseccións das rúas Celso Emilio Ferreiro e Valle Inclán en Ourense, desestimando as alegacións presentadas ao proxecto por Amigos da Terra e por numerosos cidadáns e colectivos veciñais que se opoñen á conxestión viaria da zona.
Aínda que xustifican o mantemento da zona verde de Valle Inclán, na resposta enviada polo concello aos diferentes colectivos, parecen obviarse datos tan importantes como canto vai aumentar a contaminación acústica ou atmosferica na zona pola creación dun estacionamento soterrado que abranguerá 291 prazas para automóbil.
A conclusión é que o espazo viario público está destinado prioritariamente ao automóbil aumentando o tráfico rodado motorizado das rúas onde se proxecta levar acabo dita construción.
Resulta indiscutible que o automóbil na cidade é nocivo para o ser humano. Abonde considerar algúns datos:
|





