Portada Denuncias A serra da Enciña da Lastra continúa ameazada pola autovia A-76
A serra da Enciña da Lastra continúa ameazada pola autovia A-76
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 19 Febreiro 2010 17:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

encinha

 

Amigos da Terra, que presentara alegacións ao estudo informativo do proxecto, persiste na investigación para esclarecer cal é o tramo definitivo da autovia que enlazará Ourense con Ponferrada e que fará desaparecer unha boa parte da serra da Enciña da Lastra.

 

Na investigación dos valores ambientais da Enciña da Lastra están a colaborar biólogos galegos, ornitólos e demáis protectores ambientais que, xunto a Amigos da Terra, defenden unha zona protexida pola lexislación europea e autonómica.

 

Recentemente o ministro de Fomento manifestou a inminente licitación do proxecto da autovia Ponferrada – Ourense (A-76). Mentres, o Ministerio de Medio Ambiente continua co exame do Estudo de Impacto Ambiental presentado para formular a correspondente Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Das manifestacións do propio ministro, conclúese que dita Declaración será positiva anticipándose curiosamente, aos resultados de Medio Ambiente. Unha vez sexa aprobada a DIA reelaborarase o estudo informativo inicial para facelo definitivo, licitaranse as obras, adxudicaranse as mesmas e comezará a fase da destrución do patromonio natural galego.

 

A serra da Enciña da Lastra continua mantendo as súas catalogacións ambientais europeas, xa que dispón do recoñecemento de seis Lugares de Importancia Comunitaria (LIC), unha Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) e un recoñecemento galego por canto é Parque Natural.

 

Ademais dos espazos anteriormente nomeados, existen espazos especialmente protexidos segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento das provincias de Lugo e Ourense. Tamén están inventariados oficialmente oito zonas húmidas pertencentes a ámbalas dúas provincias.

 

A Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza regula nos seus artigos 4 a 7 os Plans de Ordenación dos Recursos Naturais (PORN). Se queres coñecer o PORN da serra da Enciña da Lastra preme aquí.

 

Co fin de reivindicar a protección da zona, estase organizando unha excursión á serra da Enciña da Lastra dentro do programa Ecovixías de Amigos da Terra, programa que pretende fomentar o voluntariado ambiental en espazos naturais galegos onde previamente a asociación tramitou algún tipo de documento xurídico ante a Administración.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.