| Ineptitude empresarial e administrativa |
| Escrito por Webmaster |
| Luns, 09 Xuño 2008 01:00 |
|
A ampla permisividade do concello de Ourense, quen debera replantesarxe a contratación dunha empresa cuxa actitude fronte á lei é ilegal, e a falta de concienciación da empresa privada, situación doutro lado habitual en Galicia, pon en serio perigo os intereses ambientais da zona sinalada. ![]() Ademais, de ser unha ameaza constante á contaminación do solo, o cal poderá ser declarado contaminado cando se determinen riscos inaceptables para a protección da saúde humana ou, no seu caso, dos ecosistemas, debido á presenza neste dalgunha sustancias contaminantes. ![]() Independentemente do método de recollida empregado pola empresa privada, o servizo de recollida de residuos debe complementarse con outro de lavado de colectores que garanta a aplicación de tratamentos de limpeza programados e periódicos establecéndose que o lavado interior do colector realizarase mediante a combinación de caudal, temperatura e presión do auga de limpeza. ![]() Pero, en ningún caso, estas augas asimilables a residuais polos compoñentes que presenta o estado de agregación líquido, deben verterse sen ser tratadas previamente. ![]() Os feitos están a causar un deterioro indiscutible do solo e da paisaxe do lugar, alén do paradóxico que resultan a execución destas accións ao carón de dous instalacións coma son a Planta de Compostaxe da cidade e o Punto limpo, xestoras sostibles de certo tipo de residuos. ![]() A zona onde se están a depositar dun modo incontrolado estes residuos e augas caracterízase pola vexetación do lugar o cal debera aproveitarse para zona verde ou inclusive nomear o lugar como parque periurbano. ![]() Pola contra, estase a deixar desprovisto da súa beleza paisaxística e aumentando os niveis de concentración de contaminación do solo pondo en risco de contaminación augas subterráneas ou acuíferos. Actualmente en Ourense non existe unha normativa municipal que regule os sistemas de limpeza e, en canto á ordenanza municipal de medio ambiente, está sendo sometida a modificacións e derrogacións dende fai meses sen que, de momento, pareza ser prioritaria a aprobación da mesma pola administración ourensá. Neste senso, Amigos da Terra fai meses que solicitou copia do borrador da citada ordeanza sen que este chegase a mans da entidade ecoloxista polo momento. E ante este baleiro legal, apróbanse ordes polas que se conceden axudas destinadas a entidades locais para a mellora da xestión e explotación dos puntos limpos construídos para a xestión dos residuos sólidos urbanos dos cidadáns para os que se fan campañas mediáticas costosisimas dirixidas á educación e concienciación mentres as empresas e administracións aproban actitudes amplamente reprochables e, na maioría dos casos, ilegais. |











