Portada Denuncias Amigos da Terra solicita información ambiental sobre a nova vertedura no río Barbaña
Amigos da Terra solicita información ambiental sobre a nova vertedura no río Barbaña
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 09 Marzo 2010 11:42
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

vert

 

Onte á tarde, foi detectada unha nova vertedura ás augas do río Barbaña composta de escuma branca, cuxos compoñentes están a ser identificados polos técnicos da Confederación Hidrográfica. A orixe da vertedura está novamente na depuradora de augas residuais do concello de San Cibrao das Viñas.

 

Amigos da Terra dirixiu un escrito á Confederación para que lle informe dos resultados da pescuda que se está a realizar sobre o novo verquido. Esta vertedura vense a sumar ao que se está a investigar por parte da Fiscalía da Audiencia Provincial de Ourense acontecido en xuño do ano pasado e polo cal, morreron 17.000 especies piscícolas e desapareceu parte da flora de ribeira do río.

 

A Lei de Augas establece que a titularidade dunha depuradora está no concello. Ademais deberán facerse doce inspeccións anuais para verificar o bo e óptimo estado da EDAR (Estación Depuradora de Augas Residuais) tratando de evitar e previr posibles verteduras.

 

No caso do concello de San Cibrao, parece obviarse dita prevención polo que seguen a producirse verteduras reiterándose a conducta antixurídica. Neste senso, o concello foi sancionado polo Ministerio de Medio Ambiente o pasado mes de xaneiro, cunha multa de 17.000 euros e cunha indemnización para reparar os danos acaecidos sobre o leito do río, de 2.000, en base a unha denuncia tramitada por Amigos da Terra.

 

A reiteración da situación responde para Amigos da Terra, principalmente a dúas causas: dun lado, causas técnicas, que son propiamente a desconexión da rede de saneamento, a falta de separación das augas pluviais e residuais e un mal funcionamento da estación por obsolescencia ou saturación. Por otra banda, causas educativas, pola falta de sensibilización dos concellos e das empresas, polo incumprimento reiterado das normas que regulan a protección das augas.

 

O río Barbaña está sendo continuamente contaminado, polo que a súa recuperación dende un punto de vista ambiental, é imposible xa que falta a vontade polítida de dar cunha solución que prevenga novas verteduras. Na actualidade, descoñécense as condicións de habitabilidade do río, é dicir, cal é a situación piscícola do mesmo.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.