| Amigos da Terra denuncia ante a Fiscalía a presenza de gando con trancas |
| Escrito por Webmaster |
| Xoves, 12 Xuño 2008 09:29 |
A entidade ecoloxista ven de tramitar a denuncia ante a Fiscalía da Audiencia Provincial de Pontevedra pola presenza en montes pontevedreses de gando equino con trabas ou cepos inmobilizadores. Fai dous anos que se tramitaban dende o colectivo ecoloxista as primeiras denuncias que arroxaban a necesidade de abrir unha investigación tendente á identificación dos autores de tales ilegalidades. O feito de impór trabas ou cepos ao gando equino que se estende polos montes galegos constitúe, ademais dun acto cruel, un acto sancionado pola lei. A propia Fiscalía de Pontevedra no ano 2007 abriu dilixencias de investigación para atopar aos culpables duns feitos penalmente cualificados, xa que a Fiscalía entendeu que o acto de levar a cabo a inmobilización do gando mediante cepos ou trabas era un caso de maltrato animal e un delito contra a seguridade do tráfico, ambos tipificados polo Código Penal. Fonte: Amigos da Terra. Montes do Morrazo ![]() O uso de cepos ou crotos é unha práctica prohibida. Son artefactos ilegais que limitan o movemento dos animais que quedan indefensos pondo en perigo a súa integridade física, dificultando a súa fuxida en caso de incendios, quedando a mercé de depredadores e causándolles graves lesións. ![]() Lonxe de acabarse con estas situacións, saen á luz novos casos localizados nos montes de Cotorredondo, Meira, Poio e Castrove. ![]() A maior traba coa que se atopa a lei é a identificación dos autores de tales feitos xa que o gando non está debidamente identificado. Neste senso é fundamental a colaboración dos veciños para a identificación dos maltratadores e o traballo consensuado co SEPRONA. ![]() Borrador da Lei de Protección e Benestar Animal Amigos da Terra esixe así a reapertura das investigacións para tentar erradicar unha práctica ilegal sobre a que se pronunciaba a Consellería de Medio Ambiente fai un ano cando enviou ao colectivo unha resolución na que sinalaba que “...a futura Lei de Protección e Benestar Animal de Galicia vai contemplar a expresa prohibición do emprego de trancas, soltas, piegas ou instrumentos similares nos animais, tipificándose como infracción grave a súa utilización”. A inactividade administrativa á hora de aprobar textos legais prioritarios e tan esperados como a Lei de Protección e Benestar Animal Galega, supón deixar sen contido declaracións provintes do executivo galego que falta a súa promesa de pór fin ao maltrato animal en Galicia deixando sen protección e ás expensas dos maltratadores, a protección dos animais. |

A entidade ecoloxista ven de tramitar a denuncia ante a






