Portada Denuncias Amigos da Terra presentou alegacións contra o proxecto de explotación mineira de Fornelos de Montes
Amigos da Terra presentou alegacións contra o proxecto de explotación mineira de Fornelos de Montes
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 23 Marzo 2010 12:29
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

toncanteira

 

Amigos da Terra presentou alegacións contra o proxecto de explotación mineira da empresa Minor Galicia S.L., xa que a concesión desta explotación suporía a esquilmación dos recursos naturais que rodean a actividade, a lo menos, durante trinta anos.

 

Amigos da Terra xa presentara alegacións contra a concesión dun permiso de investigación solicitado por esta mesma empresa, para explotar granito ornamental en terreo forestal pertencente aos concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior no ano 2008. A presión social dos máis de 30 colectivos que se posicionaron en contra da explotación, disuadiron á empresa que terminou por desistir da extracción do mineral nas 14 cuadrículas mineiras que solicitaba.

 

Neste senso, Amigos da Terra presume que a situación de desistimento volva a acontecer por canto os comuneiros de Ventín, en Fornelos de Montes, posicionáronse en contra da explotación, ao igual que o concello. Se autorizasen a mesma, e a empresa obtivese os informes ambientais pertinentes e licenzas preceptivas, segundo a lei de montes veciñais, a explotación tería un permiso de explotación de ata 30 anos prorrogables por outros tantos.

 

Dende un punto de vista medioambiental, as alegacións baséanse no impacto visual e paisaxístico que causa unha explotación mineira a ceo aberto, xunto cos danos ambientais aos que inevitablemente vai vinculada unha actividade destas características. Non só pola propia extracción do mineral, senón tamén pola construción de edificacións anexas á explotación, apertura de pistas para o transporte do material, o ruído derivado da extracción mediante explosivos e a contaminación por exceso de po, o que provoca unhas condicións prexudiciais para a poboación que vive nas súas proximidades.

 

Alén disto, unha das maiores agresións ao medio ambiente que causa unha actividade mineira é a habilitación dunha zona onde van parar os residuos ou sobrantes da extracción do material descartado e que se denomina escombreira. En Galicia, na maioría dos casos estas escombreiras están mal xestionadas e son ilegais, poucas delas son investigadas e menos aínda, sancionadas. Ademais, son unha das principias causas de perda de biodiversidade xeral.

 

Por todo isto, Amigos da Terra esixe que as administracións non permitan esta instalación extractiva que, ademais, pretende emprazarse en zona de inminente inclusión na Rede Natura, co que o proxecto incorrería no articulado da directiva Hábitats da Unión Europea.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.