Portada Denuncias A ZEPA de A Limia e a súa protección legal e ambiental
A ZEPA de A Limia e a súa protección legal e ambiental
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 20 Abril 2010 13:16
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

zepa_limia

 

Amigos da Terra continúa mantendo as súas iniciais declaracións respecto á declaración da Zona de Especial Protección das Aves (ZEPA) de A Limia, xa que a administración actuou deficitariamente ao non outorgar aos veciños limienses, previa á declaración, a información correspondente ás consecuencias ambientais de dita declaración.

 

A norma que regula a ZEPA é un decreto publicado o pasado mes de novembro polo que se declara o espazo natural da Limia como zona de especial protección para as aves, cuia finalidade é a protección e conservación do hábitat e das especies de aves localizadas e sinaladas no anexo do decreto.

 

En relación polo tanto, ás últimas declaracións públicas de labregos e representantes institucionais, Amigos da Terra lembra que, a actual Lei 42/2007 da biodiversidade e as Directiva ZEPA e Hábitat, ás que a propia norma galega fai mención, protexen xuridicamente as zonas declaradas de especial protección para as aves. Neste senso, o artigo 48 da lei da biodiversidade é moi claro na súa exposición cando di que a descatalogación total ou parcial dun espazo incluido na Rede Natura 2000, só poderá proporse cando así o xustifiquen os cambios provocados no mesmo pola evolución natural, cientificamente demostrada, e reflectidos no correspondente informe científico.

 

Polo tanto, a petición realizada para a anulación ou modificación do decreto que regula a ZEPA limiense, estará sometido a un rigoroso estudo realizado por científicos que avalíen que efectivamente, a ZEPA perdeu os seus valores ambientais polos que previamente fora declarada.

 

Poderá solventarse parcialmente esta situación de desaprobación da ZEPA polos labregos e a situación de protección legal á que está sometida a zona, cando se elabore o Plan de xestión deste espazo, regulado polo artigo 3º do decreto, e asistindo á elaboración do mesmo, todos os axentes sociais implicados na ZEPA, dende veciños e labregos afectados pola declaración, pasando por ecoloxistas, científicos e representantes da administración.

 

Amigos da Terra considera que só levando a bo efecto o contido da norma que regula a participación cidadá en asuntos medioambientais, a lei Aarhus, poderá chegarse a un consenso e a un nivel de información polo cal os veciños non vexan atacados os seus intereses e comprendan que a conservación da natureza e a preservación dos seus modos de vida, poden avanzar en paralelo sempre que haxa unhas limitacións que garantan a protección medioambiental.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.