Portada Denuncias Amigos da Terra presenta alegacións contra o aproveitamento hidroeléctrico de Suarna
Amigos da Terra presenta alegacións contra o aproveitamento hidroeléctrico de Suarna
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 30 Abril 2010 10:52
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

rio-navia_p

 

Enviouse o escrito de alegacións á Confederación Hidrográfica do Cantábrico denunciando a intención que teñen de executar un proxecto que debe ser rexeitado polo seu crítico impacto sobre o río Navia facendo desaparecer o Lugar de Importancia Comunitaria “Alto Navia”.

 

Amigos da Terra alega contra o proxecto xa este que suporía un impacto intolerable ecolóxica, económica e paisaxisticamente, ademais da destrución dun dos últimos hábitats dunha especie fluvial escasísima como é mexilón de río ou madreperla.

 

Considera, asimesmo, que o dano ao curso fluvial ten como motivación o lucro mediante a producción de enerxía eléctrica nun contexto de exceso de capacidade instalada. Neste senso, a Directiva Marco da Auga establece que a mesma non é un ben comercial como os demais, senon un patrimonio público que hai que defender, protexer e tratar como tal. Dende o colectivo pregúntanse se é a auga unha mercadoría ou é un ben público porque a patrimonialización da mesma por parte das administracións e das empresas privadas fai complexa a resposta á cuestión plantexada.

 

Cabe resaltar que o proxecto se executaría nun territorio protexido designado como Lugar de Importancia Comunitaria incumplindo os preceptos da Directiva Hábitats e da Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade, cuia interpretación ven sendo moi restrictiva dende os propios sectores xudiciais que prohiben o desenvolvemento de todo tipo de plans que afecten á integridade dun espazo protexido.

 

Estes son algúns dos argumentos aducidos por Amigos da Terra e outros colectivos asturianos contra o proxecto, polo que solicitan a desestimación do mesmo xa que ademais a construción desta presa non se atopa entre as actuacións do vixente Plan Hidrolóxico da Conca Norte II.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.