Portada Denuncias Denunciadas as verteduras localizadas en Cervantes, Os Ancares, espazo natural protexido
Denunciadas as verteduras localizadas en Cervantes, Os Ancares, espazo natural protexido
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 10 Maio 2010 09:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Ancares

 

Amigos da Terra físoxe eco desta situación a través de veciños concienciados que queren dar fin a unha situación que se prolonga no tempo, xa que non atopan o modo de parar as verteduras en fincas e espazos forestais pertencentes a Cervantes, en Os Ancares, espazo natural protexido pola Rede Natura.

 

A presión á que se ven sometidas certas áreas naturais fai perigar as cualidades polas que foron inicialmente protexidas, e poñen en serio risco de lumes e contaminación, aqueles lugares onde se atopan os restos esparexados. De entre estes restos localízanse vidro e plásticos, ademais de residuos perigosos procedentes das baterías e fluidos de electrodomésticos.

 

Se ben as normas din que esas verteduras son “propiedade” do titular da finca onde se agochan, o certo é que son os concellos os encargados de dar as pautas de sensibilización e os medios de xestión do lixo para que os veciños rematen con accións contaminantes e incontroladas como esta.

 

Por elo, Amigos da Terra busca rematar con esta situación e que os titulares das fincas onde se atopan os residuos leven a cabo a limpeza dos mesmos. Por outro lado, deberan identificarse os autores de tales feitos para imporlles multas económicas que ascenden aos 30.000 euros, segundo a normativa galega de residuos para o abandono de residuos perigosos.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.