Portada Denuncias Amigos da Terra recorre ante o Valedor do Pobo para obter o Plan de Labores Anual dunha canteira de Toén
Amigos da Terra recorre ante o Valedor do Pobo para obter o Plan de Labores Anual dunha canteira de Toén
Escrito por Webmaster   
Luns, 16 Xuño 2008 13:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter



Amigos da Terra
solicitou en varias ocasións á delegación de Industria de Ourense o Plan de Labores Anual dunha das explotacións mineiras sitas no municipio ourensá de Toén, sen que este foxe remitido á organización que finalmente interpuxo queixa ante o Valedor do Pobo.



A Lei de Minas de 1973 e o Regulamento que a desenvolve de 1978, regulan no seu articulado a obriga que ten o titular da explotación mineira de presentar ante a delegación provincial de Industria o Plan de labores anual, axustado a un modelo oficial e asinado polo técnico responsable.

Fonte: Amigos da Terra. Explotación abandonada e non restaurada. Toén





Este Plan contén datos como a definición das escombreiras, tamaño, situación, pendente ou sistema de restauración da explotación mineira.

Áridos que chegan aos arroios de Toén





A normativa establece que o incumprimento desta obriga supón a imposición de sancións que van ata os 300 euros e a reincidencia da situación de obviar a presentación de dito Plan, suporá a caducidade da autorización de explotación.



Desembocadura dos arroios co arrastre de áridos ao río Miño



Pola súa parte, a recente Lei de Ordenación da Minería de Galicia contén a obriga de presentar o Plan para a súa aprobación polo órgano mineiro competente e cumprimentado e asinado polo director facultativo.

Ante esta situación, Amigos da Terra interpuxo queixa ante o Valedor do Pobo en febreiro do presente ano, a cal foi admitida a trámite. Esta institución xa enviou á organización ambientalista dous escritos nos que expón a súa imposibilidade á hora de obter dito Plan e que continua a súa insistencia e esixencia á delegación de Industria para que llo facilite.

É doado pensar que o Plan non existe e que a administración non foi quen de obrigarllo ao titular da explotación. Os intereses que nesta zona existen ao redor das explotacións mineiras, e coa presunta conivencia administrativa que estas obteñen, fóra de todo uso legal, deixan desamparado un dos bosques caducifolios máis importantes da provincia de Ourense.

Dende o colectivo ecoloxista din que a promulgación de novas leis tendentes á protección do medio ambiente ou leis que conteñen artigos que inciden directa ou indirectamente na conservación do entorno, serán inútiles se os órganos encargados de facer cumprir o seu contido e, polo tanto, facer cumprir a legalidade, omiten funcións das que son competentes en detrimento do medio ambiente.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.