| A proba de todoterreos de Xinzo “1º Paseo TodoTerreo Vila de Xinzo”, non contaba con autorización |
| Escrito por Montse Valencia |
| Xoves, 20 Maio 2010 09:19 |
|
Amigos da Terra presentou catro denuncias ás distintas administracións competentes, alertando da celebración dunha proba de 4x4 que se ía a levar a cabo por distintos lugares da Comarca da Limia o pasado 17 de abril.
Fonte: Amigos da Terra. Cigoña en Xinzo de Limia. Febreiro 2010.
O Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil (SEPRONA) de Lobios, receptor dunha das catro denuncias do colectivo ecoloxista, desplazouse ao lugar dos feitos para comprobar se a organización contaba coa preceptiva autorización. En vista da carencia da mesma, o corpo da Garda Civil ditou acta-denuncia que remitiu á Xefatura Territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense que deu traslado desta resolución a Amigos da Terra.
Asimesmo, o Ministerio de la Presidencia a través da Subdelegación do Goberno de Ourense informa que, en base ás denuncias presentadas pola asociación ecoloxista polo “VII Encuentro Nacional Club Land Rover TT” celebrado o pasado 1 e 2 de maio en Montederramo e a Ribeira Sacra, tamén se deu traslado á Comandancia da Garda Civil para pór no seu coñecemento a celebración do mesmo e comprobar novamente, se a organziación deste novo encontro contaba coa autorización pertinente.
Este tipo de espectáculos prexudican gravemente o contorno ambiental onde se levan a cabo, aumentando o risco de incendios por onde transcorren. Se ademais non cumpren as normas carecendo de autorización, cómpre abrir a axeitada investigación por parte do goberno galego, pondo fin a estas probas e abrindo o correspondente expediente sancionador.
Ecologistas en Acción, coa colaboración de Verdegaia, publicaron no 2007 un Informe que avalía as repercusións dos 4x4 na natureza: 4x4= -PLANETA. Podes consultar o documento aquí |





