Portada Denuncias Interponse recurso de apelación contra a decisión do xulgado no caso da canceira de O Carballiño
Interponse recurso de apelación contra a decisión do xulgado no caso da canceira de O Carballiño
Escrito por Montse Valencia   
Luns, 07 Xuño 2010 17:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

mortos_recentes_portada

 

Amigos da Terra presentou hoxe o recurso de apelación contra a dedisión xudicial que desestima o recurso de reforma anteriormente tramitado. Búscase a posibilidade da práctica de novas probas que revoquen a resolución recentemente ditada.

 

A continuidade da decisión xudicial de desestimar o recurso segue baseándose na presunta falta de delito ecolóxico por maltrato animal, dato que seguen defendendo os ecoloxistas.

 

Para a xuíz de instrucción do xulgado de O Carballiño, o único que fai da morte de máis de 70 cans localizados nunha fosa na propia canceira o 3 de marzo do 2009, é un problema sanitario que se constituiría como infracción administrativa.

 

Fonte: Amigos da Terra. Fosa canceira O Carballiño. 3 de marzo de 2009

 

Mortos_recentes_marzo

 

Amigos da Terra basea, pola súa parte, o novo recurso ante a Audiencia Provincial de Ourense, na necesidade de pescudar en que circunstancias morreron máis de 70 cans. Por elo, continuan na insistencia de defender os seus dereitos para unha tutela xudicial efectiva, na necesidade de que se tomen declaracións a testemuños esenciais como á ex concelleira de medio ambiente do concello de O Carballiño.

 

Fonte: Asociación Matar por Matar, Non! Canceira de O Carballiño. Cadáver can e comida compilada

 

cadaver_e_comida

 

A falta de dilixencia para o caso de que finalmente se determinara que os cans morreron por “causas naturais” debido ás mordeduras que entre eles se ocasionaban as fins de semana pola falta de persoal no centro que os alimentara e abastecera de auga e que os separara por xerarquía e peligrosidade nos canís, é tamén constituvo do ilícito penal regulado no artigo 337, ilícito que sempre defenderon os ecoloxistas para marcar xuridicamente os acontecementos da canceira.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.