Portada Denuncias Amigos da Terra require da administración información sobre o Campionato de Tiro ao Pombiño
Amigos da Terra require da administración información sobre o Campionato de Tiro ao Pombiño
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 13 Xullo 2010 18:44
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

humidal

 

O campionato de Tiro ao Pombiño, que fora suspendido no ano 2008 por non contar con todas as autorizacións preceptivas, estase celebrando nestes días e ata o vindeiro 18 de xullo na Illa de A Toxa.

 

Aínda que con anterioridade se estudiara a reubicación do campionato por motivos obvios de fraxilidade ambiental da zona, xa que se atopa lindando co humidal protexido Complexo Intermareal Umia – O Grove, vólvese a celebrar no mesmo lugar. Polo tanto, as garantías de seguridade das que teñen que facerse cargo os organizadores do evento e a propia administración son maiores e máis precisas, xa que non só debe quedar altamente protexida a seguridade cidadá senón que se debe garantir a conservación do medio sobre todo co que respecta ás augas do propio humidal que puideran verse afectadas pola munición. Ademais, dita munición debe ser ecolóxica xa que o emprego de munición de chumbo está prohibida debido á alta carga contaminante da mesma.

 

A petición de información ambiental que fai Amigos da Terra á Subdelegación de Goberno de Pontevedra, vai moito máis aló da mera solicitude das copias das autorizacións pertinentes para a celebración do evento, pedindo a entidade ecoloxista a suspensión deste tipo de campionatos deportivos polo que considera un uso inxustificado e cruel dos animais que morren durante o evento baixo a incorrecta denominación de deporte. Así mesmo, apela á dobre moralidade da administración que, dun lado, autoriza este tipo de matanzas coa agravante da súa execución nun espazo natural protexido polas leis e doutro, fomenta criterios como a solidariedade ou a educación ambiental na sociedade e entre os máis pequenos.

 

Finalmente, cabe reseñar o artigo 8º do Decreto que regula o réxime xurídico dos humidais de Galicia e que expresamente sinala a prohibición de todas aquelas actividades que se leven a cabo tanto no humidal como na súa zona periférica e que afecten á calidade das augas do humidal, produzan contaminación acústica ou sexan actividades deportivas ou recreativas non compatibles co mantemento das funcións ou valores polo que o humidal protexido se declarou como tal, así como calquera outra actividade non recollida neste precepto pero que poida prexudicar significativamente a conservación de dito humidal.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.