Portada Denuncias Programa de limpeza e rexeneración de espazos naturais
Programa de limpeza e rexeneración de espazos naturais
Escrito por Webmaster   
Mércores, 25 Xuño 2008 01:00
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter




A Consellería de Medio Ambiente de Ourense vai proceder á limpeza de entullos de obra e pneumáticos usados dun vertedoiro ilegal situado no concello de A Teixeira que Amigos da Terra denunciou a través do comunicado dun veciño do lugar.

 

A limpeza do vertedoiro vai carrexar, asemade, a rexeneración do espazo natural dentro dun programa denominado “Limpeza e rexeneración de espazos naturais” que Medio Ambiente vai levar a cabo co fin de acabar coa afección ambiental que estes vertidos supoñen para o entorno natural, alén do grave risco de incendio que na maioría dos casos, provocan estas situacións.



Amigos da Terra entende que a fase de rexeneración do espazo se completaría coa apertura das correspondentes investigacións tendentes a clarificar quen é o autor de tales feitos e así, interpór a correspondente sanción xa que so esta vía parece acadar a concienciación dos cidadáns máis irresponsables.



Ademais, non deberan ser os cartos públicos os que financien a limpeza de espazos degradados por cidadáns irresponsables.

Hai que ter en conta o incremento da vulneración das leis sobre residuos que cada ano aumentan pese á labor de organizacións ecoloxistas, administracións e Seprona. Este Corpo de protección da natureza detectou ata 4000 infraccións o ano pasado motivadas por expedientes abertos sobre vertedoiros incontrolados.

Ante esta situación, Amigos da Terra insta ás administracións competentes á creación de campañas de sensibilización e concienciación da poboación do medio rural, o­nde se detectan a gran maioría dos casos de vertedoiros ilegais e a levar a cabo as correspondentes accións que sirvan para a mellora da recollida de residuos, tanto no transporte dos mesmos, a propia recollida e as instalacións de destino.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.