Portada Denuncias As polémicas concesións hidroeléctricas do Miño-Sil
As polémicas concesións hidroeléctricas do Miño-Sil
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 25 Xaneiro 2011 09:05
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

IMG_1128O Ministerio de Industria ven de publicar a resolución pola que autoriza á empresa Iberdrola, a instalación da central hidroeléctrica de San Pedro II emprazada en Rede Natura 2000, Canóns do Sil. Pola contra, a actual ministra de Medio Ambiente declara que non haberá máis explotacións hidroeléctricas na conca do Miño-Sil.

Foto: estado do río Sil durante as obras da central Santo Estevo II. Xullo 2009

 

 Na actualidade son obvias as repercusións negativas que a construción e explotación de centrais hidroeléctricas teñen sobre o medio ambiente. A conca do Miño-Sil é unha das máis sobreexplotadas de Galicia e mentras Rosa Aguilar, actual ministra de medio ambiente, adianta o seu compromiso coa protección dos ríos galegos, o Ministerio de Industria, concede a autorización para a instalación da central San Pedro II emprazada na marxe esquerda do río Sil. Tal e como recolle a Declaración de Impacto Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, o proxecto de San Pedro II: “forma parte do Lugar de Interese Comunitario (LIC) Canón do Sil, espazo incluído na Rede Natura 2000, e da Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) Canón do Sil.”

 

O Ministerio de Medio Ambiente ten diferentes ”opinións” sobre o rexime de concesións hidroeléctricas. O medio ambiente sométese así á concienciación dun político independentemente do grao de afección que cause o proxecto sobre o medio. As recentes declaracións da ministra topan de fronte coas decisións co seu departamento tomou a penas fai un ano respecto a outra concesión no río Sil. Cal é polo tanto, o programa “verde” do partido do goberno?

 

Amigos da Terra reclama un posicionamento claro do Ministerio de Medio Ambiente que agora di que a canle do río Sil durante as obras da central hidroeléctrica de Santo Estevo  II,  no 2009, estaba seco o que provocou un gran impacto negativo, mentres que fai un ano e medio o mesmo Ministerio indicou que as obras respectaban un caudal que garantía a biodiversidade do río.

 

 Pola súa parte, a Xunta de Galicia continúa sen aprobar o Plan de Xestión do Lugar de Importancia Comunitaria Canóns do Sil, que suporía bloquear o avance das concesións hidroeléctricas na zona. O Ministerio, pola contra e con meses de retraso, abriu o periodo de consulta do borrador do Plan Hidrolóxico Miño-Sil o que pode servir de base para frear o avance das eléctricas.

 

Podes consultar a documentación en Amigos da Terra ou pinchando aquí.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.