| Amigos da Terra recorre a última decisión xudicial sobre a canceira de O Carballiño |
| Escrito por Montse Valencia |
| Venres, 04 Febreiro 2011 09:03 |
|
A última resolución do xulgado de Carballiño sobre o arquivo da denuncia dos ecoloxistas, foi o motivo para que Amigos da Terra tramitara un novo recurso de reforma contra esa decisión que novamente quere deixar a situación acontecida na Medela como unha infracción administrativa
A infracción administrativa á que alude o xulgado versaría sobre a falta de sanidade polo soterramento dos máis de 70 cans mortos e arroxados nunha fosa sen autorizar. Pero Amigos da Terra fai reiterada mención no seu recurso aos acontecementos que desde un inicio se denunciaron: a alarmante situación medioambiental e de maltrato animal que alí se presenciou en marzo de 2009.
Efectivamente é necesario dispór dun permiso autonómico para o soterramento ecolóxico en finca privada. Pero dito permiso é concedido a particulares para que soterren o corpo do animal de compañía. Para o caso de institucións como unha canceira municipal é necesario contratar un xestor autorizado para a recollida dos cadaleitos, cousa que non estaba feita. A realización dun soterramento sen tratar como o de Carballiño puidera devir en graves problemas ambientais por filtracións dos restos dos corpos dos cans e da cal ao subsolo e ás augas subterráneas e polas partículas en suspensión no aire vidas da descomposición dos cans mortos, datos que non estaban controlados.
É necesario saber cales foron os motivos polos que morreron máis de 70 cans sen que houbera rexistro das mortes, nin avaliación por veterinario ou facultativo. Neste sentido a declaración testemuñal dos operarios da canceira e dos responsables municipais da mesma, coma a Concelleira de medio ambiente, son probas esenciais para resolver as mortes dos cans. E isto carrexa plantexar moi seriamente se as condicións ás que se someteron aos cans, supuñen un delito tipificado no Código Penal por maltrato animal.
As denuncias dos ecoloxistas comezaron pola irregular e cruel situación á que estaban sometidos os animais da canceira xa que non dispuñan de servizos mínimos coma a auga e a alimentación.
Podes consultar o recurso de reforma presentado contra o Xulgado do Carballiño aquí . |





