Portada Denuncias Amigos da Terra reitera denuncias sobre o incumprimento dos caudais ecolóxicos polas hidroeléctricas
Amigos da Terra reitera denuncias sobre o incumprimento dos caudais ecolóxicos polas hidroeléctricas
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 16 Febreiro 2011 09:44
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

 

riosil2

 

A reiteración das denuncias baséase na imprescindible revisión das concesións outorgadas e dos necesarios controis para comprobar o cumprimento dos caudais ecolóxicos dos ríos explotados polas hidroeléctricas.

 

Recentemente estase tratando o tema da revisión das novas concesións hidroeléctricas sitas nos ríos galegos. Así mesmo, está quedando en interdito o cumprimento dos caudais ecolóxicos por parte das hidroeléctricas, entendendo como tal, o caudal mínimo medioambiental que garante a vida, circulación e reprodución das especies que poboan as augas, capaz de manter o funcionamento, composición e estrutura do ecosistema fluvial.

 

Fotos: río Sil. 7 de xullo de 2009

riosil_xullo09

 

Amigos da Terra leva meses reclamando información e documentación sobre a situación na que se atopaba o río Sil durante as obras da central Santo Estevo II, en xullo de 2009. A última das respostas da Confederación Hidrográfica Miño-Sil versaba sobre o caudal ecolóxico que había no río Sil entre os días 5 e 10 de xullo no que Amigos da Terra cursou a primeira denuncia.

 

riosil2_xullo09

 

Para dar resposta, o Organismo dirixiuse ao Centro de Control de Conca de Oviedo, xa que naquela data non estaba instalado un SAIH (Sistema Automático de Información Hidrolóxica) no río Sil. A Oficina de Planificación Hidrolóxica emitiu un informe no que se recollían distintos datos de interese. Entre eles facíase constar que o “29 de xuño se deixa de turbinar, pasando a ser practicamente nulo o caudal de saída ao río rexistrado polo SAIH (de Oviedo), volvendo á normalidade o 15 de xullo”.

 

riosil3_xullo09

 

Non obstante, aínda que a resolución que autorizaba as obras da nova central Santo Estevo II dispuña no seu condicionado “que se deberá respectar o caudal de 3360 litros/seg.”, o SAIH detectou “entre os días 30/06/2009 e 15/07/2009 o caudal medido por dito sistema non chega a caudal ecolóxico”. A pesar delo, a Confederación resolve a non incoación de expediente sancionador por “non existen suficientes probas de imputabilidade”.

 

riosil4_xullo2009

 

Amigos da Terra comenta que se se admitira a ilegalidade no funcionamento dalgunhas das centrais hidroeléctricas por incumprimentos medioambientais, non so non mediaría indemnización pola revocación de autorizacións, senón que deberían tramitarse os correspondentes expedientes sancionadores, imporse a reparación polos danos ocasionados ao medio ambiente e finalmente, investigar unha presunta prevaricación polas autorizacións outorgadas a sabendas da ilegalidade nas que as mesmas incorreron.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.