Portada Denuncias 40 anos de ilegalidade: Amigos da Terra esixe o peche definitivo e a reconversión de Vigozoo
40 anos de ilegalidade: Amigos da Terra esixe o peche definitivo e a reconversión de Vigozoo
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 02 Marzo 2011 09:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cebra

 

Amigos da Terra esixe un posicionamento serio e definitivo das administracións competentes respecto ás instalacións do zoo de Vigo, xa que son manifestamente ilegais.

 

A asociación ecoloxista galega tivo acceso á documentación oficial das inspeccións de Vigozoo, proporcionada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, un último recurso, xa que a área de medio ambiente da Alcaldía1, presuntamente dirixida por Chus Lago, recorreu a todas as manobras dilatorias posibles para negar o acceso a dita información ambiental, pese a ser un dereito da asociación acceder á mesma.

 

O primeiro feito destacable destes documentos é que Vigozoo, que “celebra” o seu 40º aniversario, nin tan se quera conta con licenza municipal de actividade, preceptiva para calquera instalación aberta ao público. Unha das garantías que proporciona a licenza de actividade é que queda avaliada a salvagarda da seguridade dos visitantes. As administracións competentes na inspección do recinto non outorgaron dita licenza, polo que ningunha autoridade competente garante a seguridade das persoas que accedan ao zoolóxico de Vigo.

 

Este feito, reiteradamente denunciado por Amigos da Terra, conleva o fracaso de calquera tipo de argumentación esgrimida pola Concelleira, xa que o zoo de Vigo é, de facto, ilegal.

 

No referente ao estado no que se atopan as instalacións na actualidade, continúan as irregularidades que nos últimos anos se veñen denunciando, incluso, por instancias europeas. O que máis destaca, é que certas instalacións do zoo, a día de hoxe, continúan sen estar autorizadas para a súa apertura ao público, segundo se desprende do informe da última inspección, realizada por membros da Consellería do Medio Rural fai escasas semanas, pola falta de seguridade que presentan.

 

Así mesmo, queda desautorizada a admisión de animais no parque zoolóxico “ata que se conte cunha instalación de corentena funcional e informada favorablemente”. Con esta desaprobación oficial se desmontan as intencións de Chus Lago de incorporar novos exemplares ao recinto municipal.

 

Amigos da Terra conclúe que non existen fundamentos educativos nin legais para xustificar a existencia deste zoo e propón que o parque municipal, as súas instalacións, terreos e persoal, sexan remodelados para servir de apoio para os Centros de Recuperación de Fauna Silvestre de Galicia, para solventar os problemas de espazo da protectora de animais, e como granxa-escola e viveiro para a recuperación de especies forestais.

 

So queda por saber a quen se lle dirixe esta petición, se a concelleira Chus Lago, ou aos lexítimos propietarios do terreo onde se sitúa o zoo, que son os comuneiros de Teis, pois oficialmente Vigozoo ocupa ademais uns terreos que nin se queira lle pertencen.

 

 

1 Anteriormente coñecida como Concellería de medio ambiente do Concello de Vigo

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
-1 #1 Otto 02/03/2011 11:22
Que pasada! fai uns anos neste zoo unha nena recibiu unha cornada dun búfalo nun ollo e o perdeu... Peche xa!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.