Portada Denuncias Amigos da Terra solicita información sobre as medidas tomadas ante as verteduras no río Alvedosa
Amigos da Terra solicita información sobre as medidas tomadas ante as verteduras no río Alvedosa
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 04 Marzo 2011 09:18
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter
rioalvedosafontelavoz

O río Alvedosa, ao seu paso pola localidade pontevedresa de Redondela, é obxecto de continuas verteduras no seu cauce. A última tivo lugar o pasado 24 de febreiro, tinguindo de gris as súas augas. Amigos da Terra solicitou información ambiental sobre este novo vertido e sobre as medidas que se van levar a cabo dende Augas de Galicia como administración competente.

 

 

Os continuos vertidos ao río, denunciados en reiteradas ocasións pola asociación ecoloxista, teñen a súa principal orixe nas actividades industriais.Neste último caso, parecen ser vertidos procedentes dos residuos xerados pola construción do AVE ata Vigo os que enturbiaron as augas.

 

As Directivas europeas na materia de augas e vertidos, así como a propia actividade industrial, impoñen a adopción sen demora de solucións, debendo estimularse a colaboración no devandito proceso dos responsables das verteduras. É obrigatorio que o autor dos feitos pague polo dano ocasionado ao medio ambiente e execute, non só medidas que garantan a non reiteración dos feitos, senón programas de recuperación ambiental que devolvan o estado do río a súa orixe. Asi mesmo, as administracións competentes e as industrias deben facerse cargo do correspondente pago de sancións e indemnizacións, xa que estamos perante obrigas legais e medioambientais sobre as cales existe, dende sempre, unha continua impunidade.

 

Ante esta situación, Amigos da Terra solicitou a Augas de Galicia, como Organismo competente na investigación do vertido, a información do resultado da toma de mostras e analíticas das augas do río, a determinación do dano causado á calidade das augas do río, así como o proxecto de recuperación de ditas augas. Tamén solicítase coñecer o contido do correspondente expediente sancionador incoado polo Organismo de Conca, e determinación dos responsables do citado vertido, responsabilidade civil, penal ou administrativa.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
+3 #1 oscar 06/03/2011 00:19
ola: Alegrome que alguen poña un pouco de sentido comun, non e todo alavar a este gran depredador do medio ambente e de enerxia, mentras se esta a sacrificar un medio mais ecoloxico e vertebrador como e o tren de cercanias.

Gustariame que nos pasedes toda a documentacion que teñades de este atentado ecoloxico, xa que dende esquerda unida redondela estamos a preparar un dossier para denunciar o parlamento español e o europeo. Por ultimo no que poidamos colaborar (respetando a vosa autonomia) non dubides, saudos 606552975
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.