Portada Denuncias Amigos da Terra pide que se amplíen as probas propostas polo Xulgado de O Carballiño
Amigos da Terra pide que se amplíen as probas propostas polo Xulgado de O Carballiño
Escrito por Montse Valencia   
Martes, 12 Abril 2011 09:27
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

chiste_adt_portada

 

A pasada semana o Xulgado de O Carballiño ditou un auto no que daba luz verde á posibilidade de practicar algunhas das probas solicitadas polos ecoloxistas para esclarecer o caso dos cans mortos na canceira municipal no 2009. Non obstante, Amigos da Terra considera que o número de probas admitidas é insuficiente, e solicita que se recollan todas as evidencias que se reuniron durante estes dous anos.

 

 

Amigos da Terra tramitou o pasado venres un recurso de apelación contra este auto, xa que considera necesario non só a práctica das probas recollidas e admitidas no mesmo polo Xulgado, senón que consideran necesario que sexan admitidas todas as probas recollidas nos diferentes escritos tramitados ao longo destes dous anos.

 

O auto xudicial da semana pasada non contempla probas como a toma de declaración a certos testemuños como á antiga concelleira de Medio Ambiente de O Carballiño, que consideramos ten datos que aportar ao caso para o esclarecemento dos feitos. Pero non é a única persoa á que se lle pide testemuñar, senón que hai persoal que por entonces traballaba na canceira aos que aínda non se lles tomou declaración.

 

O recurso de apelación presentouse así mesmo na sala da Audiencia Provincial de Ourense para que dite resolución sobre o acordo da práctica das probas propostas.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.