Portada Denuncias Día Internacional da concienciación sobre o problema do Ruído
Día Internacional da concienciación sobre o problema do Ruído
Escrito por Montse Valencia   
Mércores, 27 Abril 2011 09:24
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

ruido

 

Amigos da Terra denuncia o ruído excesivo da AP-9 nas inmediacións do aeroporto de Vigo. Hoxe celébrase o Día internacional da concienciación sobre o problema do Ruído, unha data para lembrar aos poderes públicos que é necesario adoptar medidas de mitigación do impacto do ruido no medio ambiente e na saúde das persoas, neste caso, no ruído do transporte de estrada.

 

A organización ecoloxista presentou dúas denuncias aos Ministerios de Fomento e de Medio Ambiente para pedir que se realicen as medicións necesarias no contorno do aeroporto de Vigo, e deste xeito, corroborar a necesidade de colocación de pantallas acústicas anti-ruído que  impidan o dificulten a transmisión de ondas sonoras neste tramo da autovia AP-9.

 

As denuncias tramitadas por Amigos da Terra, tras a solicitude de varios veciños da zona, inclúen a petición aos Ministerios de Fomento e de Medio Ambiente das medicións necesarias na zona denunciada, para corroborar a necesidade da colocación e emprego de pantallas acústicas anti-ruido que impidan ou dificulten a transmisión das ondas sonoras que se producen na AP-9, nas inmediacións do aeroporto de Vigo.

 

Segundo os veciños da zona, as administracións non lles deron ningún tipo de solución ata o momento. A Lei do Ruído ten como obxectivos previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, pero na maioría dos casos os veciños se teñen que agrupar en plataformas ou asociacións para acudir á vía xudicial e resolver un conflito cuxa orixe está na mala previsión das administracións á hora de autorizar infraestruturas e que ten como resultado un grave problema medioambiental e de saúde para as persoas.

 

A citada Lei, regula a intervención administrativa sobre os emisores acústicos, como as infraestruturas viarias, e neste sentido establecese que deberán adoptarse todas as medidas axeitadas de prevención da contaminación acústica, aplicando tecnoloxías que freen a incidencia acústica no medio. Non obstante, a realidade é ben distinta, os poderes públicos pasan por obviar as normas xurídicas, o que carrexa graves consecuencias ambientais.

 

Podedes concultar a denuncia ao Mº de Fomento pinchando no enlace ruido_autopista_MFomento.doc

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 Susoñador 29/04/2011 10:20
O benestar auditivo é dos que menos protexemos, alguén andaría por aí cunha pedra no zapato, un dedo dentro do ollo, ou unha chaqueta de xestas, non. Pero si que soportamos niveis auditivos intolerables para o un benestar.

A solución habitual, a nivel rúa soe ser poñerse cascos e aumentar os decibelios de música.

Nalgúns caso o problema sonoro non son os decibelios, senon a constancia, dende que "arranxaron" a rúa de diante da miña casa, cortando o asfalto e parcheando logo, e deixando as tapas de alcantarillado, teléfono, gas... durante 24 horas cada vez que pasa algún vehículo escoitase un cum cuuuum, que non da decibelios suficientes, pero é moooooi molesto!!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.