Portada Denuncias Tradición igual a maltrato animal
Tradición igual a maltrato animal
Escrito por Webmaster   
Venres, 01 Agosto 2008 23:17
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

No concello de Muíños teñen a enteira certeza que os espectáculos taurinos que executan no verán polas festas das Sopas do Burro Canso son “tradicionais” e que a tradición é termo que engloba unha total e ampla dispoñibilidade a facer calquer tipo de actividade.

O que parece que descoñecen dende o goberno municipal é que para que unha festa quede amparada pola “tradición” non basta que o diga o alcalde de turno, senón que debe ser un título outorgado pola Consellería de Cultura que decide dita tradicionalidade dende o punto de vista da cultura galega. E as Chegas de Bois non conseguiron nunca dita titulación. Nin esa nin outros títulos coma as autorizacións preceptivas e necesarias para levar a cabo o espectáculo.

Polo tanto, as Chegas de Bois, ademais de crueis foron durante anos ilegais por falta de autorizacións, por carencia de permisos preceptivos, por ser un espectáculo non tradicional constituínte de delito e que pouco lle faltou para a declaración de prevaricación de funcionario público no concello de Muíños.

Amigos da Terra non alcanza a comprender como un concello que acaba de ser incluido na Carta Europea de Turismo Sostible do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, non contemple no seu programa de festas de verán alternativas educativas e sostibles, promocionando o patrimonio cultural e natural da zona.

Sobra dicir que estamos a solicitar os escritos que autorizan os espectáculos deste ano, e esperamos que non se incorra na ausencia dos anos anteriores coas Chegas de bois, porque aínda que ao Concello lle moleste velaremos para que a lei se cumpra e denunciaremos todo aquelo que constitúa un acto ilegal.

En definitiva Amigos da Terra rexeita rotundamente todas aquelas “tradicións” que se basean en crueis espectaculos con animais e lembrarlle ao Concello de Muiños que non é cuestión de subvencións, das que o concello tamén disfruta, por certo, é cuestión DE LEI.
Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.