Portada Denuncias Amigos da Terra e Libera denunciarán ante o Parlamento Europeo a non identificación dos cabalos
Amigos da Terra e Libera denunciarán ante o Parlamento Europeo a non identificación dos cabalos
Escrito por Montse Valencia   
Venres, 29 Abril 2011 08:30
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

cabalo_web

 

As organizacións ecoloxistas Amigos da Terra e Asociación Animalista Libera anunciaron que trasladarán ao Parlamento Europeo o "incumprimento da lexislación" que, ao seu xuízo, producirase en Galicia se a Xunta non obriga a identificar aos cabalos dos curros.

 

 

As asociacións denunciarán tamén a "falta de comunicación previa" para realizar os curros sen que os animais teñan o microchip identificativo. Os ecoloxistas confían en que a reclamación sexa recollida polo Grupo Verde da Cámara.

 

Así, estes colectivos sinalaron que a lexislación europea obriga á identificación de todos os cabalos, excepto daqueles que vivan de forma salvaxe en áreas das que non poidan saír, como as reservas naturais.

 

Este non é o caso dos équidos dos curros galegos, afirman os animalistas, xa que os animais "transitan polos montes e invaden os cultivos e as estradas". Por iso, na súa opinión, non identificalos "vulnera o dereito comunitario".

 

Por último, consideran que a identificación dos animais é "unha forma efectiva de previr casos de malos tratos" como a colocación de cepos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.