Portada Denuncias Amigos da Terra denuncia novos descensos do nivel da auga no río Sil
Amigos da Terra denuncia novos descensos do nivel da auga no río Sil
Escrito por Montse Valencia   
Xoves, 26 Maio 2011 09:52
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

santoestevo

A denuncia sobre o acusado descenso das augas do río Sil acontecido fai uns días, foi posta en coñecemento do servizo xurídico de Amigos da Terra quen deu a voz de alarma á Confederación Hidrográfica Miño-Sil á que lle remitiu un escrito onde relataba os feitos e solicitaba información ambiental do acontecido.

 

 

A situación que se produciu o pasado día 10 de maio na zona da central hidroeléctrica de Santo Estevo, non é illada segundo os denunciantes, por iso é moi importante que os testemuños deste tipo de situacións, alarmantes desde un punto de vista medioambiental, dean traslado da información para solicitar á administración competente que investigue a situación ou ben para que xustifique o por que de dita situación.

 

Fonte: denuncia. Río Sil. 10 de maio

descensoaugasil_110510_w

 

Amigos da Terra solicitou a investigación e posterior comunicación dos resultados ao Organismo de Conca xa que na data mencionada, producíase o descenso do nivel da auga ata catro metros cara á última hora da tarde. Ademais nesta misma data leváronse a cabo unha serie de explosións.

 

Fonte: denuncia. Río Sil. 10 de maio

descensoaugasil_1105102_w

 

O fin deste tipo de comunicacións xurídicas responde á necesidade de preservar o medio ambiente en xeral e neste caso, o río Sil en particular, e que se garanta, tal e como establece o borrador do Plan hidrolóxico Miño-Sil, o “réxime de caudais ecolóxicos” que deben “permitir manter de forma sostible a funcionalidade e estrutura dos ecosistemas acuáticos e dos ecosistemas terrestres asociados, manter a integridade biolóxica dos ecosistemas e contribuir a alcanzar o bo estado ou potencial ecolóxico en ríos e augas de transición. [...]”.

 

De momento, as denuncias non foron contestadas aínda que si foi restituído o nivel da auga no río.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.