Portada Denuncias Amigos da Terra presenta alegacións ao Borrador da Lei de Montes de Galicia
Amigos da Terra presenta alegacións ao Borrador da Lei de Montes de Galicia
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 14 Xullo 2011 11:27
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

Montesgalegos

Dende Amigos da Terra consideramos que o prazo establecido para recoller as observacións e alegacións que podemos realizar as organizacións e entidades representativas do sector foi un período de participación pública insuficiente, posto que un borrador de lei de tanto calado e complexidade obriga a moitas das organizacións a uns ritmos de debate sobre os seus contidos excesivamente breves.

 

Así mesmo, dende a organización opinamos que na elaboración do borrador da Lei de Montes de Galicia non se garante a participación pública dos axentes sociais representativos do sector, eixo básico da política forestal e medioambiental da Unión Europea e en teoría da propia Xunta de Galicia.

 

Por outra banda, dende o punto de vista metodolóxico, á hora de desenvolver unha nova Lei, parécenos máis axeitado comezar por elaborar unha estratexia forestal galega, e un novo plan forestal, que establecesen as bases do sector forestal nos seus aspectos produtivos e socio recreativos cos de conservación, e unha vez determinados estes aspectos esenciais, redactar a Lei de Montes como un medio para alcanzar os fins e obxectivos previstos na Estratexia e no Plan Forestal de Galicia previamente deseñados.

 

Podes consultar o conxunto das nosas alegacións aquí.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.