Portada Denuncias Encoro de As Conchas en verde
Encoro de As Conchas en verde
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 16 Agosto 2011 09:04
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

conchas_01_copy

 

Máis dun cento de veciños procedentes de varios pobos e aldeas afectados pola contaminación do encoro de As Conchas, concentráronse este domingo 14, para protestar pola situación que está a sufrir o encoro de As Conchas (río Limia) e máis pola ineptitude administrativa.

 

As augas do río limia baixan ao encoro ourensano de As Conchas totalmente contaminadas. A orixe da contaminación está na incorrecta xestión das empresas situadas en Xinzo de Limia que verquen ao encoro de Salas de forma impune desde fai moitos anos sen que as distintas institucións competentes, CHMS, Cª de MA, Cª de MR e Cª de Sanidade, poñan freo a unha situación que se produce desde fai anos. Tamén representantes dos concellos máis afectados, como o de Muíños, enganan á poboación xa que alentan ao baño nas augas do encoro cando coñecen sobradamente a afeción que este está sufrindo. Os resulatdos da análise das augas realizado por un catedrático da Universidade Complutense de Madrid, arroxan datos claros sobre o perigo que supoñen estas augas da actualidade tanto para o baño como para o consumo. Tamén se detectaron falta de aves e doutras especies que están desaparecendo debido á gravidade dos feitos. Parece que tan so as administracións non son capaces de ver que se está perdendo ecolóxica e economicamente unha zona que goza de ampla protección ambiental incluídas figuras europeas que a cualifian de albergan imporantes especies de flora e fauna.

 

Os veciños non aturan máis o cheiro procedente das augas que se agrava segundo a procedencia do vento.

 

Pero a resposta recibida polos veciños na concentración do domingo foi a total ausencia de representantes institucionais e mesmo da oposición. Parece que os valores naturais e socias do pobo galego deixan de ter importancia en festas e fora de épocas electorais.

conchas_02

O certo é que a investigación do que acontece nas Conchas debera pasar pola via xudicial e ser a Fiscalía quen de oficio abrira os correspondentes expedientes para depurar responsabilidades, non so administrativas, senon tamén penais. "A poboación quere que se sinalen aos responsables e que se dean solucións a un problema que ten autores e cómplices. Estase producindo un delito ecolóxico que puidera devir irreversible e que afecta, ademais, ao encoro de Lindoso, en Portugal, que fai 3 meses que non recibe auga. O responsable de medio ambiente portugués tense achegado á zona galega a pedir os informes dos resultados da análise das augas e tese preocupado pola situación. Onde están os representantes medioambientais galegos e estatais?", denuncian desde Amigos da Terra."

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Comentarios  

 
0 #1 pakotaecondo 19/08/2011 11:02
el alcalde de muiños dijo que eran cien atontados!!!
Citar
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.