Portada Denuncias A Plataforma Ríos Limpos denuncia verquidos ao río Grañal
A Plataforma Ríos Limpos denuncia verquidos ao río Grañal
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 08 Setembro 2011 09:28
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

rios_limpos_

 

A Plataforma Cidadá Ríos Limpos ven de presentar denuncia diante da Confederación Hidrográfica Miño-Sil por verquidos ao Río Grañal no Concello do Pereiro de Aguiar.

 

Para esta Plataforma cidadá resulta insultante o desleixo que se produce por parte das distintas Administracións Públicas con competencias na conservación, vixilancia e custodia dos ecosistemas fluviais (Concellos, Confederación Hidrográfica, e Consellerías da Xunta de Galicia).

 

A denuncia presentada realizase en base aos verquidos ilegais producidos no Concello de Pereiro de Aguiar ao río Grañal (afluente do Río Loña) e cursos de auga tributarios do encoro de Cachamuiña e Castadón, encoros que se usan para abastecemento de augas aos veciños e veciñas da cidade de Ourense e poboacións limítrofes desta cidade.

 

Na zona a que se fai referencia na denuncia, do sumidoiro que ven da “depuradora” do Centro Penitenciario do Pereiro de Aguiar observase a simple vista a saída de augas fecais e abundante materia orgánica que se verque no canle do Río Grañal. Estas augas residuais, e augas fecais, coa conseguinte acumulación de forte carga orgánica ...producen un forte fedor a moitos metros de distancia, observándose ao longo dun treito importante do canle do Río Grañal unha forte acumulación de restos orgánicos.

 

Ademais é apreciable a falla de fauna acuícola, feito que tamén aseguran os veciños do contorno “dende os primeiros verquidos no río non se ven peixes de ningunha clase, nin tampouco se observa a fauna propia dos ecosistemas acuícolas”.

 

Coas primeiras choivas do outono todos estes restos orgánicos van a parar ao encoro de Cachamuiña, distante do verquido a escasos 5 quilómetros, e na actualidade, nestes primeiros dias de setembro do 2011, observarse a simple vista na cola do encoro de Cachamuiña unha forte acumulación de materia orgánica. Todo fai pensar que, entre outros verquidos, a acumulación de restos e a putrefacción das augas do encoro na época de estiaxe son debidas aos verquidos ao Río Grañal.

 

Dende a Plataforma Ríos Limpos consideramos que este verquido é "ilegal e comporta graves danos para o medio ambiente e potencialmente para a saúde humana", feito aínda máis grave se temos en consideración que se trata dun río que se usa para abastecemento de auga para a poboación de Ourense.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.