Portada Denuncias Amigos da Terra presenta alegacións a central de Santa Cristina
Amigos da Terra presenta alegacións a central de Santa Cristina
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 15 Setembro 2011 21:06
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

canons_do_sil_13_copy

Amigos da Terra, presentou alegacions ao aproveitamento hidroeléctrico reversible de Santa Cristina, ao considerar que non se non se atopa entre as actuacións do vixente Plan Hidrolóxico,

xa que neste momento está en proceso de elaboración o novo Plan Hidrolóxico 2010-2015 da conca Miño-Sil e ata que sexa aprobado definitivamente non se deben autorizar concesións de aproveitamento hidroeléctrico que vaian en contradición co Plan Hidrolóxico.

 

Ademais este proxecto e estudo da modificación de características, autorización e declaración de utilidade pública do aproveitamento hidroeléctrico reversible de Santa Cristina, non pode considerarse como modificación do aproveitamento existente, senón que é unha nova concesión xa que se trata da construción de novos elementos descritos no devandito proxecto, para o cal requírese a solicitude da preceptiva concesión e non se axusta ao Regulamento do Dominio Público Hidráulico.

 

O dano que producirá a construción da nova central de santa Cristina ao curso fluvial do Sil ten como motivación o lucro mediante a produción de enerxía eléctrica, nun contexto de exceso de capacidade instalada na conca Miño-Sil. Asi a Directiva Marco do Auga establece que a auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal.

 

O desenvolvemento deste proxecto ten lugar nun territorio protexido, designado como LIC “Canon do Sil”, xa que varios elementos como a central, cavernas, galerías, túneles de acceso, plataforma de infraestrutura e tramos de canalizacións, deben considerarse que están dentro da zona LIC, independentemente de que sexan subterráneos ou non, incumprindo radicalmente as limitacións establecidas da Directiva Hábitats e a Lei de Patrimonio Natural e da Biodiversidade. 

 

No proxecto tamen descríbense numerosos elementos construtivos tanto do aproveitamento hidroeléctrico como da liña eléctrica de conexión, que afectan a áreas calificadas como solo rústico de protección de espazos naturais, para o cal necesítase a correspondente autorización segundo a Lei do solo e urbanismo de Galicia.

 

Por ultimo, en relación á xustificación do proxecto, non existe unha produción real de enerxía xa que se está a consumir máis enerxía no sistema de bombeo que no de turbinación. Ademais, os sistemas de produción de enerxía eléctrica teñen que ser descentralizados, de forma que se produza o mais próxima aos lugares de consumo, feito que non ocorre para o caso da conca Miño-Sil, que xa se atopa saturada coa construción de centrais hidroeléctricas.

 

riosil

 

Por todo elo dende Amigos da Terra solicitamos que se desestime e formúlese unha declaración de impacto ambiental en sentido negativo para o proxecto aproveitamento hidroeléctrico reversible de Santa Cristina.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.