| O concello de San Cibrao é sancionado con máis de 114.000 euros por verquidos ao río Barbaña |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Luns, 24 Outubro 2011 19:44 |
|
O concello de San Cibrao das Viñas en Ourense, recibiu resolución da Confederación Hidrográfica Miño-Sil que resolveu impór unha sanción e unha indemnización como consecuencia dos verquidos realizados en marzo do ano pasado.
A resolución foi notificada igualmente á asociación Amigos da Terra como consecuencia da denuncia tramitada por esta en marzo do ano pasado e recolle impór unha sanción de máis de 76.000€ por verquidos ao río Barbaña e unha indemnización por 38.000€ como consecuencia dos danos producidos ao dominio público hidráulico.
En marzo do ano pasado, foi detectada unha nova vertedura ao río Barbaña procedente da estación depuradora do concello de San Cibrao das Viñas e composta por unha substancia de cor branquecina. Os primeiros resultados da análise de dita vertedura arroxaban a priori datos de cumprimento dos parámetros de vertedura e, polo tanto, que a mesma estaría autorizada. Pero finalmente demostrouse a ilegalidade dos verquidos. Neste senso é polo tanto moi importante a rápida denuncia da situación aínda que esta finalmente non fora constitutiva de infracción ou delito ecolóxico xa que doutro modo, a toma de mostras das augas pola autoridade competente, pode facerse nun tempo moi posterior ao desexado para probar que efectivamente o verquido está fora dos parámetros legais. A comunicación en tempo dunha denuncia deste tipo xunto coa rápida intervención administrativa, resultan ferramentas indispensables para dar cos autores dun feito que non so atenta contra o medio ambiente senón contra a saúde das persoas.
O río Barbaña é frecuentemente contaminado como consecuencia da mala xestión da depuradora do concello de San Cibrao, sen que este tome as medidas oportunas para evitar os feitos reiterados e paliar as graves consecuencias dos mesmos, e tamén temos que lembrar que o Concello de San Cibrao xa foi sancionado en multiples ocasións reiteradamente dende os anos 2006 a actualidade polo incuprimento das autorizacions de verquidos.
Desde Amigos da Terra motívase aos cidadáns para intervir nos procesos de denuncia ante a administración e así poder actuar coa celeridade e perseverancia que corresponden. |






Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.