Portada Denuncias Amigos da Terra denuncia a reiteración dos vertidos das obras do AVE ao río Maceiras en Redondela
Amigos da Terra denuncia a reiteración dos vertidos das obras do AVE ao río Maceiras en Redondela
Escrito por Angel Dorrio   
Martes, 15 Novembro 2011 11:51
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

resolucion_augasGalicia01

 

A asociación ecoloxista exise a Augas de Galicia a paralización inmediata das obras ata que se tomen as medidas de control para evitar definitivamente novos vertidos e que dunha vez se vixilen e controlen as mesmas.

 

Na de momento última denuncia por vertidos ao río Maceiras, presentada por Amigos da Terra en Febreiro deste ano, Augas de Galicia verificou o vertido e condenou ás empresas (cuns ridículos 6.000 euros) e respondeu que ditas empresas "implantaron melloras no sistema de depuración incrementando as medidas relativas á filtración e retención de sólidos residuais ao dominio público".

 

Canto menos un curioso xeito de implantar melloras cando ditas empresas levan xa acumuladas tres denuncias e condenas que suman 13.500 euros e novamente este mércores provocaron un novo vertido aos ríos Maceiras e Alvedosa.

 

"A falta de dilixencia e control, e a ausencia de sancións verdadeiramente exemplarizantes fai que Augas de Galicia envíe unha mensaxe clara á sociedade: si se trata do AVE se pode seguir contaminando impune e reiteradamente por máis denuncias que se presenten", manifestan desde Amigos da Terra, que aínda así volverán de novo a presentar a correspondente denuncia.

 

Se poden consultar e descargar a resolución das denuncias e os análisis de Augas de Galicia na seguinte ligazón >>>

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.