Portada Denuncias Abren un expediente sancionador á construtora da vía rápida Ourense-Celanova por vertidos
Abren un expediente sancionador á construtora da vía rápida Ourense-Celanova por vertidos
Escrito por Angel Dorrio   
Xoves, 24 Novembro 2011 14:24
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

rios_limpos_p

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil enviou a Plataforma Rios Limpos, da que forma parte Amigos da Terra, unha copia do acordo de expediente sancionador aberto contra a empresa construtora da vía rápida Ourense-Celanova polos vertidos non autorizados realizados no mes de maio.

 

A comunicación que a Confederación Hidrográfica nos fixo chegar versa sobre a apertura dun expediente sancionador contra os vertidos realizados entre os días 26 e 30 de maio no rio dos Muiños e río Bieito e que foran denunciados pola plataforma Rios Limpos.

 

Como consecuencia desta denuncia a Confederación Hidrográfica, obrigou a empresa construtora a que construíse unha balsa de decantación para depositar os residuos que xeraban nas escavacións e que ata o de agora estábanse vertendo libremente ao entorno e aos canles dos ríos dos Muiños e Bieito.

 

Por unha vez, ainda algo tarde, as administracións executan e fan cumprir o mandato da Lei de responsabilidade ambiental cuxo espírito parte do principio de "quen contamina, paga", polo que aqueles operadores que contaminen, están obrigados a reparar os danos ou prexuízos ocasionados ao medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

Asesoría Xuridica

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.