Portada NOVAS Os grupos ecoloxistas reúnense co Conselleiro de Medio Ambiente
Os grupos ecoloxistas reúnense co Conselleiro de Medio Ambiente
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 16 Setembro 2009 09:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090916_basurarua

 

Amigos da Terra e a FEG (composta por 17 grupos ecoloxistas do país) reuniranse este mércores co Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, para debater acerca do documento de propostas de xestión de residuos sólidos urbanos que os grupos entregaran á Consellería a mediados do pasado mes de xuño.

 

Nun intre no que comezou a elaboración dun novo Plano de Residuos que ordene a xestión do lixo en Galiza durante o decenio 2010-2020, os colectivos ecoloxistas exporán á Consellaría unha serie de aspectos básicos para acadar un tratamento sostible para os residuos.

 

As esixencias principais dos colectivos ecoloxistas céntranse nos seguintes puntos

 

1. Unha participación social activa, real e efectiva na planificación e deseño dos Plans de Residuos, para o cal un bo comezo sería a creación dunha mesa de traballo temática de residuos dentro do Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel (COGAMADES).

 

2. A introdución de programas que empreguen a Educación Ambiental como unha outra ferramenta de xestión ambiental.

 

3. A priorización da redución dos residuos como eixo fundamental nas políticas de xestión, onde se inclúan tamén medidas lexislativas que regulen a produción de envases para acadar unha redución efectiva dos mesmos, xa que está comprobado que os acordos voluntarios non son eficaces.

 

4. Un cambio nos modelos de recollida selectiva, cun contedor específico para a materia orgánica que faga posíbel a súa recuperación e recollida sen impurezas.

 

5. A aposta pola compostaxe, tendo en conta que a fracción maioritaria dos nosos residuos é materia orgánica e que ben xestionada pode ser enteiramente reciclada e devolta ós solos incrementando a súa fertilidade.

 

6. Un modelo descentralizado, estábel e adaptado ao modelo territorial galego, con pequenas plantas de xestión máis doada.

 

A aplicación decidida destes principios resultarían nun escenario no que non ten cabida a incineración de residuos, polo que Amigos da Terra e a FEG esixen que o feche da planta de SOGAMA sexa unha realidade antes do ano 2020.

 

 

 

 

 


 

 

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.