| Obradoiro de compostaxe en Espiñoso Cartelle |
| Escrito por Angel Dorrio |
| Xoves, 08 Outubro 2009 19:53 |
|
Amigos da Terra levou a cabo onte no local social da Asociación de Mulleres Rurais de Espiñoso (Cartelle) unha sesión formativa para sensibilizar a poboación rural acerca da problemática asociada aos residuos. Posto que a materia orgánica supón entre un 40 e un 50% do peso dos residuos sólidos urbanos, expuxéronse as vantaxes de aproveitar a materia orgánica do lixo para poder facer compost como unha solución aos problemas dos residuos. Por ultimo, realizouse un obradoiro práctico de construción dun vermicompostador.
|





