Portada NOVAS Día Mundial Sen Compras: menos residuos
Día Mundial Sen Compras: menos residuos
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 27 Novembro 2009 10:55
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

091127_diasencompras

 

Co motivo do Día Mundial sen Compras, Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega (FEG) solicitan un compromiso político e social para a redución da xeración de residuos, así como un cambio no sistema de xestión que fomente a reutilización na Semana Europea da Redución de Residuos.

 

A Semana Europea de Redución de Residuos é un proxecto de información e comunicación incluído no marco LIFE e promovido pola Axencia de Medio Ambiente e de Control da Enerxía de Francia e os seus socios europeos: a Asociación de Cidades e Rexións para a Reciclaxe e a Xestión Sostible de Recursos, a Axencia de Residuos de Cataluña, o Instituto de Xestión Ambiental da Rexión de Bruxelas e o Servizo Intermunicipal de Xestión dos Residuos do Gran O Porto, Portugal.

 

En España, cada cidadá e cidadán producen de media 1,5 Kg de residuos urbanos ao día. Esta é unha cantidade insostible e ilóxica que leva a unha esquilmación de recursos naturais (provenientes de todo o planeta e, en moitos casos, de países empobrecidos), un enorme gasto enerxético na fabricación de novos produtos a partir de materias primas que leva grandes custos ambientais e económicos na xestión dos mesmos unha vez convertidos en residuos.

 

Desde Amigos da Terra e a FEG solicítase un cambio no sistema de produción e distribución de bens de consumo domésticos, o principal causante da elevada xeración de residuos nas vivendas. Este cambio é de especial importancia nos envases, produtos cunha vida media insignificante e, en moitos casos, innecesaria.

 

Actualmente os envases son unha ferramenta de publicidade máis para a venda do produto. Perden, deste xeito, a súa utilidade real e non se teñen en conta os impactos ambientais que producen. Por iso, Amigos da Terra e a FEG considera necesaria unha maior intervención das administracións públicas na xestión de envases, onde se priorice a protección do medio ambiente fronte á estética e a promoción de marcas.

 

Existen moitas alternativas ao sistema de distribución actual. A compra pódese realizar a granel ou en menos envases e menos prexudiciais para a nosa contorna. Os cidadáns e cidadás deben poder elixir entre estas opcións. As administracións deben traballar xunto cos envasadores e distribuidores para volver aos sistemas de reutilización de envases. Con iso conséguese un importante aforro enerxético, de auga e de recursos naturais.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.