Portada NOVAS A incineración non é a solución
A incineración non é a solución
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 02 Marzo 2010 19:01
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

100302_basura_sogama

 

Ante as declaracións do presidente de SOGAMA sobre os planos de incineración e o seu rexeite pola reciclaxe e a compostaxe, Amigos da Terra e a FEG queremos aclarar o noso punto de vista sobre o erro da incineración e as súas consecuencias.

 

1- SOGAMA non freou a xeración de lixo: O modelo SOGAMA supuxo un investimento moi grande en infraestruturas e unha nula aposta pola prevención. O resultado é que Galicia pasou nos últimos anos de xerar 800.000 a xerar máis dun millón de toneladas de lixo cada ano.

2- SOGAMA case non recupera materiais para a reciclaxe: Datos da propia Xunta de Galicia indican que só un 2% do lixo tratado no modelo SOGAMA é recuperado. O resto vértese na Areosa ou incinérase.

3- SOGAMA incinera residuos recicables: Sogama incinera integramente a bolsa negra, formada na súa maior parte de materia orgánica compostable, un residuo que, recollido selectivamente, serve para elaborar compost.

4- SOGAMA non é valorización enerxética: A incineración de residuos en Galicia, segundo a Directiva 2008/98/CE non pode ser considerada valorización enerxética. O balanzo enerxético da incineradora SOGAMA (considerando os consumos de gas e electricidade da planta) é negativo .

5- A incineración é perigosa para o ambiente: SOGAMA, polas súas emisións de CO2 e outros compostos, constitúe a sexta principal fonte de cambio climático en Galicia. Alén, incinerar lixo xera residuos sólidos tóxicos e perigosos.

6- SOGAMA cobra por tratamentos que non fai: SOGAMA cobra 51 € por cada unha do millón de toneladas que recibe ao ano. Porén, soamente a metade dese lixo é realmente tratado. A outra metade mándase a un macrovertedoiro sen tratar, un grande negocio!

 

Logo de case unha década de funcionamento, as estatísticas da propia Administración amosan que o modelo de incineración é un fracaso, mesmo incumpre os obxectivos marcados pola UE. A redución debe ser a prioridade do noso modelo de xestión, non conseguiremos frear o problema do crecemento progresivo do lixo se non freamos inmediatamente este crecemento".

 

Desde Amigos da Terra e a Federación Ecoloxista Galega, alertamos do erro no que incorre o Presidente de Sogama: a UE obrígalle a que se reduza, se reutilice e se recicle (e tamén que se composte) o lixo e logo, se sobra algo diso, permite a súa incineración. A xestión centralizada e cimentada sobre a valorización enerxética impulsada nos últimos 15 anos foi o maior dos erros cometidos na política de residuos. Recuperar a vía da incineración supón dar un paso atrás e reincidir nos erros do pasado.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.