Portada NOVAS Amigos da Terra celebra a iniciativa de Andalucía de impoñer unha taxa ás bolsas de plástico
Amigos da Terra celebra a iniciativa de Andalucía de impoñer unha taxa ás bolsas de plástico
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 16 Xuño 2010 08:01
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

bolsa_plastico

 

 

Esta alternativa, solicitada por Amigos de la Tierra ao goberno estatal hai máis dun ano, é a única que ofreceu resultados de redución significativos noutros países.

 

A semana pasada a Xunta de Andalucía presentou unha serie de medidas para rematar co déficit público da Comunidade, entre as que se incluía a imposición dunha taxa de 10 céntimos ás bolsas de plástico dun só uso, que en principio deberán pagar os comercios que usen este tipo de bolsas. Con esta medida prevese a recadación de 95 millóns de euros durante o ano 2011.


Amigos da Terra espera que o resultado se traduza nunha redución efectiva das bolsas dun só uso, e non simplemente nunha medida recadatoria. Igualmente deberanse evitar as desigualdades que poidan xurdir entre as grandes superficies e o pequeno comercio. (1)

 

O exemplo próximo de Irlanda que, mediante a imposición dunha taxa de 20 céntimos, reduciu o seu uso de bolsas de plástico nun 95%, impúlsanos a apoiar esta medida, propoñendo a súa ampliación a un maior número de comunidades autónomas e apoiándoa principalmente dende o ámbito estatal.

 

"É necesario que todos os cidadáns e cidadás fagamos un uso responsable dos recursos que temos dispoñibles, reducindo aqueles que non son necesarios. A industria tamén debe colaborar neste aforro colectivo, sen mirar unicamente polos seus intereses económicos," engadiu Alodia Pérez, responsable da área de Residuos de Amigos da Terra.

 

Por todo iso, confiamos en que a Xunta de Andalucía poña en marcha esta medida o antes posible, e comparta os seus resultados co resto de rexións para animalas a tomar exemplo e aplicar a iniciativa.

 

(1). As bolsas dun só uso, ademais das de plástico convencional, son as bolsas biodegradables, un símbolo máis da cultura de "Usar e Tirar", que á súa vez levan consigo a explotación de campos de cultivo para a fabricación destas bolsas.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.