Portada NOVAS O novo Plan Andaluz de Residuos Non Perigosos non reducirá as emisións de CO2
O novo Plan Andaluz de Residuos Non Perigosos non reducirá as emisións de CO2
Escrito por Montse Fernández   
Martes, 22 Xuño 2010 09:26
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

incineracion_residuos

 

Amigos de la Tierra e Ecoloxistas en Acción denuncian que o novo Plan Andaluz de Residuos Non Perigosos non reducirá as emisións de CO2. A implantación en Andalucía de 10 plantas incineradoras, as mesmas que existen actualmente no territorio español para a xestión de residuos urbanos, afastaranos dos obxectivos formulados pola Xunta de Andalucía para a redución de emisións de CO2.

 

O 16 de Xuño de 2010, nas Xornadas Europeas de Xestión de Residuos celebradas en Sevilla, presentáronse os obxectivos e estratexias a seguir no novo Plan Director Territorial Andaluz de Residuos Non Perigosos 2010-2019, pendente de publicaciónno BOJA. O devandito plan presentouse como unha nova ferramenta de xestión que contribuirá a reducir as emisións de CO2 que xera a Comunidade Autónoma. O principio reitor do plan, que emana da Nova Directiva Marco de Residuos Europea, incide na prioridade da redución da xeración de residuos e a mellora da xestión do actual modelo de reciclaxe e a promoción da reutilización.


Non obstante, unha das medidas do plan é a construción de 10 plantas de incineración en Andalucía, mal denominadas de "valorización enerxética", que reducirán a cinzas a xa inxente cantidade de residuos que queiman as cementeiras na Comunidade e que non xestionan os Sistemas Integrados de Xestión, que pagamos toda a cidadanía.

 

Estas instalacións, por moi controladas e tecnificadas que sexan, producen problemas ambientais e de saúde ao emitir gases de efecto invernadoiro e compostos contaminantes e potencialmente canceríxenos como dioxinas, furanos, NOx, SOx, etc.

 

Por outra banda, esgotan os recursos financeiros dispoñibles para alternativas de redución, reutilización e reciclado dificultando a prevención ou redución e os enfoques racionais de xestión de residuos. A construción destas incineradoras, ás que a lei obriga a xerar algo de electricidade, colocaría a Andalucía na primeira Comunidade Autónoma en número de incineradoras no seu territorio.

 

Dende Amigos da Tierra e Ecoloxistas en Acción - Andalucía, reivindicamos a posta en marcha de plans de prevención eficaces, ben planificados e dotados de suficiente presuposto que implanten medidas para reducir a cantidade de residuos que se xeran, que melloren os sistemas integrados de xestión que non funcionan en moitos casos e que se constrúan máis plantas de recuperación, clasificación e reciclaxe, para alcanzar os obxectivos da Directiva e o novo Plan.

 

Ademais, ambas as dúas organizacións ecoloxistas esixen que non se considere a incineración como unha opción de tratamento e, polo tanto, que non se considere a construción destas plantas no novo plan, para así contribuír realmente á loita contra o cambio climático e a problemática dos residuos.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.