| Amigos da Terra no Día Internacional contra as bolsas de plástico |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 01 Xullo 2010 16:24 |
|
Amigos de la Tierra presentou esta mañá as accións que realizarán os próximos días 2 e 3 de Xullo para reivindicar a necesidade de reducir o uso de bolsas de plástico dun só uso. Con motivo do Día Internacional sen bolsas de plástico, promovido pola Fundación Catalá para a prevención dos residuos e o consumo, e apoiado por diversas organizacións españolas, europeas e internacionais como GAIA, Comuni Virtuosi de Italia ou Ecoloxistas de Cataluña, Amigos de la Tierra realizará accións reivindicativas en distintos puntos da xeografía española. Na rolda de prensa celebrada a nivel estatal esta mañá, as organizacións expuxeron as accións planificadas para os próximos días venres 2 de xullo e sábado día 3 de Xullo, as cales se realizarán por todo o mundo, México, Francia, Cuba e Bangladesh, entre outros, e en España sairemos en Cataluña, Madrid, Andalucía, Galicia e As baleares.
As accións desenvolvidas por Amigos da Terra na cidade de Ourense consistirán en premiar aos e as viandantes que fagan compra sen usar bolsas de plástico dun só uso, senón alternativas máis ecolóxicas. A acción terá lugar maña venres día 2 de xullo na rúa Sáez Díez, enfronte do centro comercial de 17.30 a 20.00 horas.
Así mesmo, informaremos e realizaremos unha pequena enquisa aos viandantes para coñecer o número de persoas que abandonaron ás bolsas de plástico dun só uso e as súas impresións sobre esta iniciativa.
|





