Portada NOVAS Campaña de sensibilización ambiental nas praias de Marín (Pontevedra)
Campaña de sensibilización ambiental nas praias de Marín (Pontevedra)
Escrito por Montse Fernández   
Xoves, 29 Xullo 2010 09:58
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

090821_basura_praia

 

Amigos da Terra colabora coa Concellaría de Medio Ambiente de Marín na posta en marcha dunha nova Campaña de Sensibilización Ambiental nas praias deste municipio, co obxectivo de concienciar á cidadanía sobre a necesidade de coidar  os areais e os seus ecosistemas. A iniciativa da comezo hoxe na praia de Portocelo.

 

A campaña que se prolongará durante todo o mes de agosto, percorrerá cada venres un areal distinto, dando a coñecer aos cidadáns os sistemas de mellora implantados ata o momento, como o Certificado EMAS (Sistema Comunitario de Xestión e Auditoria Medioambientais), e informándolles sobre a necesidade de colaboración de todos/as na conservación destas zonas. Deste xeito, estaremos presentes nas praias de Portocelo, Mogor, Aguete e Loira en horario de 17.30 a 19.30 horas.

 

En cada un dos areais contaremos cun posto informativo no que sensibilizaremos e informaremos aos cidadáns sobre a necesidade de coidar destas zonas e poremos a súa disposición guías de separación selectivas, trípticos da campaña, cinceiros de praia para as cabichas e colectores de pilas.

 

Ademais, na beira da carpa teremos unha zona de ocio para todos os públicos, na que realizaremos obradoiros con refugallos, elaboraremos e poremos en funcionamento un forno solar e xogaremos co “twister dos residuos”, a través do cal comprobaremos se sabemos separar ben os residuos na praia.

 

Así mesmo, faremos unha pequena enquisa aos usuarios das praias co fin de coñecer a súa percepción sobre a necesidade de protección destes ecosistemas e comprobar o seu coñecemento sobre as problemáticas ambientais.

 

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.