Portada NOVAS Semana Europea da Redución de Residuos
Semana Europea da Redución de Residuos
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 24 Novembro 2010 11:52
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

logo_semana_prevencion_2009_copy

 

A política económica no centro do problema para a redución dos residuos. Só a crise económica conseguiu deter a produción de residuos en continuo crecemento anual en España. Isto reafirma o feito de que a raíz do problema reside na aposta por un modelo de crecemento "económico" fundado sobre o consumismo. Aquí podedes ver o vídeo feito co motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos.

 

A humanidade producirá entre 1990 e 2023 tantos residuos como os que se xeraron dende o principio dos tempos ata o ano 90. Este é o resultado dunha escalada exponencial na produción de residuos alimentada por un modelo de consumo incapaz de convivir co ser humano a medio e longo prazo. A realidade demostra que o aumento do PIB e a produción de residuos se axustan entre eles.

 

Tal e como manifestou María Durán, responsable de residuos de Amigos da Terra, "a redución na produción dos residuos só será efectiva nun escenario no que as políticas económicas baseadas no crecemento económico sexan abandonadas. A incultura do "usar e tirar", a sobreembalaxe ou a redución da vida útil dos bens son pezas fundamentais do modelo de produción e consumo existente que, na nosa opinión, é necesario cambiar”.

 

Seguimos consumindo petróleo, enerxía eléctrica, auga e materias primas a un ritmo insostible. Continuamos xerando residuos cada vez máis perigosos, máis custosos de xestionar e en maior cantidade. Todo iso enmárcase nunha espiral crecente que parece non ter fin. "Nós, como colectivo ecoloxista e como cidadás e cidadáns, debemos formar parte do cambio agora que na axenda política está o Plan Galego de Residuos, por exemplo. Na nosa acción diaria, como consumidores e consumidoras, como xeradores de residuos e activistas, temos gran parte da solución para contribuír á redución dos residuos", declarou María Durán.


Para Amigos da Terra as tímidas propostas de redución de España fracasaron por falta de ambición.

No horizonte de 2020 as previsións máis optimistas sitúan en 2 kg/hab/día o límite de residuos xerados na Europa dos 25, un resultado que bota por terra os obxectivos de prevención que pretendían reducir a produción de RSU per cápita aos niveis de 1996. Destes datos extraemos polo menos tres conclusións:

  • As políticas públicas de prevención na produción de residuos dos últimos 15 anos non só non funcionaron, senón que nunca houbo unha intención real de rematar cun problema que supoñería atacar o pilar fundamental do modelo de produción: o consumo.
  • O modelo de xestión de residuos dos próximos 15 anos afonda na incineración, que pasará do 17 ao 25% dos residuos producidos. Cuestiónase así a vontade de redución e de aposta pola reutilización e a reciclaxe.
  • Reducir a produción de residuos,combinada con mecanismos de xestión en orixe e reciclado, constitúen a única alternativa para afrontar o crecemento na produción de residuos.

 

Se eu podo reducir os residuos o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, tamén pode:


Fronte á situación actual, dende Amigos da Terra declaramos que é necesario actuar xa, e cada día temos centos de oportunidades para enfrontarnos ao problema. Dende as políticas públicas, como consumidores e como cidadáns e cidadás podemos afrontar o exceso de xeración de residuos.

 

vidrio_pe

 

Algunhas ideas para reducir os nosos residuos:

  • Reduce o teu consumo: A xeración de residuos está directamente relacionada co consumo. Temos que pensar se realmente necesitamos un ben, se hai mellores opcións ou alternativas ao seu consumo, se podemos alongar a vida útil de algo que compramos, etc. Estas accións convértennos en parte da solución.
  • Consume de forma responsable: Sempre hai unha opción. Podemos esixir aqueles produtos con menos envases ou a granel. Evitar os cartóns e latas e apostar polo vidro. Electrodomésticos máis eficientes e utilizar a nosa propia bolsa de tea. Comprar alimentos ecolóxicos, locais e de tempada. Sempre hai opcións.
  • Mobilízate en Amigos da Terra: Achegamos alternativas prácticas e realistas ao actual modelo de produción e consumo que cada ano "aumenta os residuos". Presentamos alegacións á "lei de residuos", axudamos a máis de 3000 persoas a facer compostaxe nas súas casas dende hai máis de 10 anos.

 

Podes descargarte gratuitamente a nosa guía práctica con consellos para reducir residuos no teu fogar, na túa clase, no teu centro de traballo, etc.

 

Aquí podedes ver o vídeo feito en conmemoración da Semana Europea de Prevención de Residuos.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.