Portada NOVAS Día de Acción Global Contra a Incineración de Residuos
Día de Acción Global Contra a Incineración de Residuos
Escrito por Montse Fernández   
Mércores, 01 Decembro 2010 09:36
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

incineracion_no

 

Amigos da Terra pide no “Día de Acción Global Contra a Incineración de Residuos” que Galicia siga os modelos de outras rexións europeas e aposte pola redución na xeración de residuos e pola compostaxe, abandonando o modelo insostible e contaminante da incineración. Nestes intres, Galicia é líder da Unión Europea en incineración.

 

Cada galego e galega xera na actualidade 442 kg de residuos ao ano, dato que nos sitúa por debaixo da media española (preto dos 600 kg) e aínda máis abaixo da media da UE. En cambio, en Galicia a Xunta incinera o 42,5% dos Residuos Sólidos Urbanos. Tendo en conta que a media europea está no 20%, e a española non chega ao 10% do total de residuos xerados. Podemos concluír que Galicia ten o dubidoso mérito de ser hoxe unha das rexións lideres da incineración en España e en Europa.


O novo plan de residuos que o goberno galego quere aprobar prevé a construción dunha nova planta incineradora no sur de Galicia dunha capacidade semellante a actual. Este feito, colocaríanos entorno aos 375 Kg de lixo por cada galego/a que anualmente serían  enviados a incinerar. Unha cifra só superada hoxe por Dinamarca, con algo máis de 400 kg.

 

Qué modelo de xestión de residuos queremos para Galicia ?


O goberno galego aposta polo modelo danés, que non conseguiu conter a xeración de residuos (801kg/persoa e ano, récord europeo) nin as emisións e riscos da queima do lixo (427kg/persoa e ano son enviados a incinerar).

 

Pero lonxe deste modelo, existen en Europa rexións que están a xestionar os seus residuos minimizando a incineración. A rexión de Flandes en Bélxica, é o espello no que a Xunta que Galicia se debe mirar de cara ao futuro. Esta rexión conseguiu reducir nun 73% a xeración de residuos entre 1996 e 2006 e segundo datos do 2007, recicla e composta o 75% dos seus residuos.

 

Por isto, no “Día de Acción Global contra a incineración de Residuos” desde Amigos da Terra denunciamos en Galicia os riscos e os prexuízos da incineración e pedimos un cambio de dirección no modelo que a Xunta propón no plan de residuos, así como do actual modelo SOGAMA baseado na incineración. Propoñemos que en Galicia se faga unha aposta decidida pola redución na xeración de residuos, lonxe do escaso 10 % que establece o novo plan de residuos de Galicia de cara a 2020.

 

Así mesmo, reclamamos para Galicia a aposta pola compostaxe seguindo ao exemplo de Flandes, e a descentralización na xestión de residuos.


Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.