| Un San Valentín diferente |
| Escrito por Montse Fernández |
| Xoves, 10 Febreiro 2011 12:02 |
|
San Valentín é unha data creada para consumir sen razón, un invento das grandes superficies co único propósito de incrementar as súas ventas. Os cidadáns lánzanse as rúas os días previos a comprar desmesuradamente, e dun xeito totalmente insostible tanto ambiental, como socialmente. Este ano e tras o éxito da “Tarxeta de Exención de Agasallo” do pasado Nadal, Amigos da Terra lanza a "Tarxeta de Exención de Agasallo para San Valentín", que nos declara libres da obriga de mercar un agasallo neste día.
Se o noso modelo de consumo, o dos países do Norte, se estendera ao resto do mundo, serían precisos 3 planetas, coas súas materias primas e as súas fontes enerxéticas, para abastecernos. E como planetas, só temos un, dende Amigos da Terra, propomos que sexamos un pouco máis orixinais este vindeiro San Valentín. Como consumidores/as, debemos botar unha man ao planeta, e levar a cabo, pequenas medidas, que o transformarán nun San Valentín máis responsable.
Consiste nunha tarxeta que cada un de nós pode asinar, e na que se compromete a non recibir un agasallo material este San Valentín. A cambio, enviará esta tarxeta a súa parella ou amigos/as, co obxectivo de que estes, cambien o seu clásico agasallo material por algúns dos orixinais que propomos na tarxeta: un paseo nunha paraxe natural, unha boa cea, unha entrada para un espectáculo ou calquera outra suxestión que se nos ocorra.
E se aínda así, decidimos que queremos facer un agasallo, non esquezamos unhas pequenas pautas que debemos de ter en conta.
- Antes de comprar, pensar se a persoa realmente o necesita. - Busca agasallos nos mercados de segunda man ou de troco, os rastros e as tendas de segunda man; así o teu agasallo será único e estarás reutilizando á vez. - Regala cestas de produtos locais e de agricultura ecolóxica, ou por exemplo cervexa ou viño fabricado localmente ou ecolóxico. Estes produtos, ademais de ser máis sas, son ambientalmente máis sostibles, xa que na súa produción non se utilizan pesticidas nin fertilizantes naturais. - Invita a alguén a unha experiencia en vez de dar unha cousa. Algúns exemplos serían: entradas de teatro, para un concerto, ou quizais unha fin de semana nun balneario ou nunha casa rural. - Para as persoas que o teñen todo, poderías facelos doantes dunha organización que lles guste; deste xeito o teu agasallo beneficia non só a unha persoa. - Compra en tendas de comercio xusto. Nelas atoparás produtos de países do Sur, elaborados en condicións laborais dignas e dun modelo de produción sostible.
Se tes pensado regalar este San Valentín, se diferente!!! |







