Portada NOVAS Proxecto de Lei de Residuos
Proxecto de Lei de Residuos
Escrito por Montse Fernández   
Luns, 07 Marzo 2011 10:39
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

las-tres-r-ecologia_adtAmigos de la Tierra, Ecologistas en Acción e Greenpeace, lamentan profundamente a pouca ambición que tivo o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino na elaboración do texto aprobado o pasado venres, no Consello de Ministros. A súa redacción cede ás presións das comunidades autónomas e da industria, e vira as costas ao medio ambiente e aos intereses dos cidadáns.



O Proxecto de Lei de Residuos enviado ao Parlamento traspoñerá ao réxime normativo español a Directiva Marco de Residuos. A nova Lei que saia finalmente do trámite parlamentario será o marco regulatorio da xeración e xestión de residuos nos próximos anos. Na súa redacción basearanse comunidades autónomas e entidades locais á hora de elaborar as súas propias normativas.

 

Non obstante, o texto aprobado o pasado venres polo Consello de Ministros está moi lonxe de responder correctamente a estas expectativas. É máis, de non incorporar melloras substanciais no Parlamento, a nova Lei seguirá fomentando unha sociedade abocada a unha quella sen saída, centrada na incultura de "usar e tirar". Supoñerá un retroceso comparado á Lei vixente de 1998.

 

As carencias do Proxecto de Lei

 

O Proxecto de Lei non aborda realmente as problemáticas relativas á produción e xestión de residuos. Entre elas destacan:

 

  • A falta dunha aposta clara pola redución da produción de residuos. A redución debe ser o piar de toda nova Lei de residuos nun mundo onde os recursos son cada vez máis escasos.
  • A pouca ambición coa que se trata a reutilización e o reciclado. A vantaxe ambiental, económica e social dun maior grao de reciclaxe é incuestionable. Na Unión Europea, por exemplo, poderíase crear 500.000 empregos ao pasar do obxectivo do 50% ao 70% de reciclado.
  • A desaparición da obriga de recoller biorresiduos. A separación en orixe dos residuos orgánicos é fundamental para obter un aboamento de calidade a través da compostaxe, o sistema máis eficaz ambiental e economicamente de xestión destes residuos.
  • O lugar que segue ocupando a incineración, equiparada ao resto de sistemas de xestión.
  • O mantemento do status quo en materia de bolsas comerciais dun só uso.

 

Demandas ecoloxistas


As cinco organizacións ecoloxistas de ámbito estatal piden aos deputados que melloren o presente texto. A sociedade española necesita unha Lei de Residuos que:

 

  • Priorice a redución da xeración de residuos e estableza obxectivos e mecanismos concretos a tal fin. 
  • Aposte pola xestión descentralizada, baseada no principio de proximidade.
  • Obrigue ás autoridades competentes a tratar mediante a compostaxe e a dixestión anaerobia a fracción orgánica dos residuos domésticos.
  • Implante progresivamente Sistemas de Devolución, Depósito e Retorno para determinados envases, sistema de recoñecida eficacia en países como Alemaña ou Austria.
  • Desincentive a incineración e a vertedura mediante mecanismos como a imposición dun canon a estas opcións.
  • Prohiba a distribución gratuíta de bolsas dun só uso. Garanta transparencia, acceso á información e participación pública.
  • Inclúa a certificación forestal para envases e etiquetas de envases constituídos por madeira, papel e/ou cartón.

 

Con estas debilidades, o texto obvia as prioridades en xestión de residuos establecidas pola Unión Europea e reflexa claramente que o Ministerio se foi dobregando ás esixencias do sector da industria máis remiso a unha xestión ambientalmente responsable dos residuos, en detrimento dos intereses da sociedade e do medio ambiente.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.