Portada NOVAS Prescindir das bolsas dun só uso é urxente
Prescindir das bolsas dun só uso é urxente
Escrito por Montse Fernández   
Venres, 11 Marzo 2011 20:52
Chuza!DoMelhorLa TafaneraAupatuMenéameTuentiBuzzFacebookTwitter

FotoBolsasPq 

Amigos de la Tierra, a través das miles de adhesións á súa campaña "Zonas Libres de Bolsas", demostra que a redución das bolsas dun só uso é posible e pide a prohibición da súa distribución gratuíta.

 

 

Nos últimos días reabriuse o debate sobre as bolsas de plástico dun só uso, a raíz da proposta do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino de substituílas por bolsas de materiais biodegradables no Proyecto de Ley de Residuos y Suelos Contaminados aprobado a semana pasada.

 

As bolsas dun só uso, que a inmensa maioría dos comercios distribúen gratuitamente aos seus clientes, é un claro símbolo da incultura de "usar e tirar". Necesítanse 12 millóns de barrís de petróleo para producir os 100 billóns de bolsas que se consumen anualmente en España. Ademais, a súa vida útil é de 20 minutos e só un 10% das bolsas de plástico son recicladas, mentres o resto rematan en vertedoiros e incineradoras, desperdiciando recursos naturais e contaminando atmosfera, chan e auga.

 

Pero a substitución por outro material biodegradable non é a solución. A distribución gratuíta de bolsas biodegradables traslada a demanda de recursos naturais para a fabricación das bolsas do petróleo ao papel ou cultivos de millo e pataca. Nun mundo onde os recursos naturais son cada vez máis escasos, a sostibilidade pasa por unha redución en termos absolutos do uso de recursos e non pola substitución duns por outros. Non ten ningún sentido que utilicemos a terra, escasa nun planeta con cada vez máis habitantes, para producir unhas bolsas perfectamente prescindibles e de vida útil cunha media de 20 minutos.

 

Por estas razóns Amigos de la Tierra vén solicitando, dende hai varios anos, medidas lexislativas que garantan a redución de bolsas comerciais dun só uso e en particular a prohibición da súa distribución gratuíta. Está máis que demostrado que os acordos voluntarios non funcionan, e exemplo diso foron as campañas postas en marcha por numerosas empresas ao longo deste pasado ano sen apenas resultados.

 

"Levamos comprobando dende 2009 que as empresas non rematan comprometéndose. Cos acordos voluntarios non se conseguiron os resultados esperados, o que indica que as medidas han de ser moito máis esixentes," sinalou María Durán, responsable da Área de Residuos de Amigos de la Tierra. O caso de Irlanda é moi ilustrativo: alcanzouse tan só unha redución do 5% das bolsas distribuídas con acordos voluntarios, e en cambio unha redución do 95% mediante a imposición dunha taxa de 20 céntimos por bolsa. Tampouco foron suficientes as campañas de sensibilización, aínda que teñen un compoñente indubidablemente positivo para que a propia iniciativa da cidadanía consiga reducir o uso de bolsas. Isto deu pé a que se incumprise totalmente o obxectivo marcado no Plan Nacional Integrado de Residuos de reducir nun 50% as bolsas dun só uso para 2010.

 

Ante a necesidade de prescindir das bolsas dun só uso por evidentes razóns socioambientais, Amigos de la Tierra está a demostrar que é posible. A súa campaña "Zonas Libres de Bolsas" atópase avalada a día de hoxe por máis de 3.000 persoas a título individual, 260 establecementos comerciais de todo o territorio español e varios centros educativos e dependencias municipais. Todas estas persoas e entidades decidiron cambiar o hábito de usar e tirar, e pasarse á cultura da redución e a reutilización, asinando o seu compromiso de abandonar o uso destas bolsas e substituílas polas múltiples alternativas existentes.

 

No contexto actual de crise ambiental e alimentaria, e ao existir numerosas opcións, é de esperar que no trámite parlamentario da Ley de Residuos, os deputados asuman a súa responsabilidade e prohiban a distribución gratuíta das bolsas dun só uso, fuxindo da falsa solución que representa substituír o plástico por outros materiais biodegradables.

Joomla Templates and Joomla Extensions by ZooTemplate.Com
 

Engadir un comentario

Se aos teus comentarios queres engadir videos de YouTube, preme no botón YouTube e pega a URL do video.


Código de seguridade
Recarregar

área de Residuos
Plataforma Galega contra a Incineración e pola Reciclaxe
Un Mundo de Bajo Consumo
UsaR y no tiRaR

Facer unha doazón

Coa túa doazón tamén axudas a manter vivo este proxecto. Grazas!

Tipo de Doazón:
  Única Única
Moeda:
 EUR
Cantidade:
Amigos da Terra - Tel. 988 374318 · Fax. 988 511020 - Rúa da Concordia, 20 - 2º Esq. 32003 Ourense. Aviso Legal.
Este sitio esta feito con Joomla e SiteGround. Versión en galego de Joomla 1.5 facilitada pola CiberIrmandade da Fala. Joomla é Software Libre baixo licencia GNU/GPL.

Sitio web en galego subvencionado por Presidencia - Secretaría Xeral de Política Linguística.