| Convértete nun consumidor responsable |
| Escrito por Montse Fernández |
| Martes, 15 Marzo 2011 08:36 |
|
Hoxe celébrase o Día Mundial do Consumidor, unha data na que ademais de reivindicar os nosos dereitos como consumidores/as, debemos reflexionar sobre as consecuencias do consumo desmesurado que facemos na actualidade, e apostar por un consumo máis consciente e responsable.
Vivimos na sociedade do "usar e tirar", na que non temos en conta as repercusións para o medio ambiente e as persoas que habitan o planeta, do noso modelo de consumo moitas veces pouco consciente e centrado nun consumismo impulsivo de usar e tirar, feito que está a provocar un gran prexuízo para o medio ambiente. A publicidade bombardéanos con anuncios cuxo obxectivo non é noso benestar, senón facernos formar parte dun sistema que reduce as persoas ao papel de consumidores submisos.
Non obstante, coa nosa forma de consumir podemos influír na marcha do sistema e do mundo dunha forma directa. Un consumo consciente e responsable, orientado ao fomento de actividades satisfactorias para o medio ambiente e as persoas é unha gran contribución e un decisivo instrumento de presión fronte a situación actual.
Por iso, dende Amigos da Terra propoñemos unha serie de pautas a seguir para ser un consumidor/a máis responsable:
Local: "mellor se se produce preto de ti e non tivo que viaxar" Ecolóxico: escolle produtos que respecten o medio ambien De comercio xusto: aqueles produtos que non se dan onde ti vives, como pode ser o café, azucre, té, mellor que non cheguen a ti grazas a unha explotación noutra parte do mundo.
(+) Sen envase: a granel Envases reutilizables: que lle podas dar outros usos Envases co menor custo ambiental: vidro, papel ou cartón, reciclados e reciclables (-) Sobreenvasados (plástico sobre plástico)
|








Comentarios
Non caiamos no pesimismo de que a meta dun mundo máis sustentable está moi lonxe e deixemos de ver os pequenos avances do día a día.
Saudos
Certamente moi recomendable:
Unha critica ao actual sitema económico e por outro lado unha visión constructivista da función das entidades bancarias.
Ten unhas cuantas frases sobre as que merece a pena reflexionar.
Dinero y conciencia: ¿A quién sirve mi dinero?
Joán Melé
Subdirector de Triodos Bank:
un saludo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.